Actualidade

NOVA SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR DOS CENTRO EDUCATIVOS

A Comisión Escolar de Alertas determina a suspensión das actividades no exterior dos centros educativos de toda Galicia este xoves 6 pola alerta laranxa
 
Espérase un fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de máis de 110 quilómetros por hora
 
Mér, 05/02/2014 - 13:06
 
 A Comisión Escolar de Alertas determina a suspensión das actividades no exterio
 

A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos de toda Galicia este xoves 6 de febreiro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de máis de 110 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.

Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas nas catro provincias galegas.

 

O mércores día 5 os centros educativos da comunidade permanecerán abertos

A Consellería de Cultura e Educación comunica que este mércores 5 de febreiro os centros educativos da comunidade permaneceran abertos
 
Esta previsto un nivel de alerta amarelo que tamén permitira a realización de actividades no exterior das instalacións dos centros educativos
 
Mar, 04/02/2014 - 19:00
 
 
 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comunica que este mércores 5 de febreiro os centros educativos en toda a comunidade autónoma permaneceran abertos.

Diante dunha previsión de nivel de alerta amarelo non se suspende ningún tipo de actividade educativa, xa que o adverso permitirá a apertura dos centros escolares coa conseguinte normalidade na realización da todo o traballo docente, transporte escolar, actividades no exterior e extraescolares.

A Consellería sinala que a decisión de manter os centros educativos abertos é debido a que as previsións meteorolóxicas garanten a seguridade para toda a comunidade educativa. Ademais cómpre recordar que a previsión de alerta vermella é relativa ao mar.

Campaña 25 de novembro de 2013. Día Internacional contra a violencia de xénero.

 

 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                        

 

 

 

 

 

PRIMEIRO CLASIFICADO INFANTIL NO CERTAME DE TEATRO CANDILEJAS DON BOSCO

O CEIP Emilia Pardo Bazán coa obra "O Crebanoces" obtivo o  Primeiro Premio na categoría Infantil no XVI Certame de Teatro "Candilejas Don Bosco".

HORARIOS DE ATENCIÓN PARA CONSTRUCTORAS QUE OPTAN Á LICITACIÓN PARA A AMPLICACIÓN DO COLEXIO

Ante o elevado número de empresas constructoras que desexan optar á licitación da obra de ampliación do noso centro, comunícase o horario de atención aos responsables das constructoras por parte da Dirección do centro:

Xuño Mércores-12 Venres-14 Mércores-19 Venres-21
Horario 09:00-11:30 09:00-11:30 09:00-11:30 09:00-11:30

LISTAXES DEFINITIVAS PROCESO DE ADMISIÓN 2013-2014

Finalizado o prazo de reclamacións ás listaxes provisionais, publicamos as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido no proceso aberto para o curso 2013-2014. Estas listaxes pódense consultar nos seguintes enlaces e máis abaixo nos arquivos adxuntos.

EDUCACIÓN INFANTIL
3 anos 4 anos 5 anos
4ºEI 5ºEI 6ºEI

 

EDUCACIÓN PRIMARIA
1ºEP 2ºEP 3ºEP 4ºEP 5ºEP

Contra estas listaxes poderán interpoñer recurso de alzada ante o Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O. U. no prazo dun mes contado a partir do día 30 de maio de 2013.

Lembramos aos admitidos que deberán formalizar a matrícula na secretaría do Colexio entre o 20 e o 28 de xuño. No caso de non matricular a un alumno/a no prazo establecido perderase o dereito a ser escolarizado neste Centro.

O alumnado que non obtivo praza deberá agardar por unha comunicación da Comisión de Escolarización de A Coruña, na que lles indicarán o colexio que lles corresponda, en todo caso, debería ser antes do 20 de xuño.

CHARLA PARA FAMILIAS: S.O.S. ADOSLESCENCIA

 

Continuando co labor de prevención e asesoramento ás familias do alumnado deste centro, mañá mércores, día 29 de maio de 2013 ás 18:00 horas, terá lugar no Salón de Usos Múltiplos do colexio, unha charla-coloquio organizada pola Asociación Comunitaria Distrito Quinto (ASCODI), baixo o título S.O.S. Adolescencia.

Os temas a tratar na charla serán:

* Os cambios durante a adolescencia.

* A familia durante a adolescencia.

* Como resolver os novos conflitos.

* Adolescencia e drogas.

* Adolescencia e sexualidade.

* Trastornos e desaxustes na adolescencia.

* Novas tecnoloxías e seguridade na rede.

 

Se desexades ter máis información podedes facelo aquí.


PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

DEBIDO A QUE HOUBO MÁIS SOLICITUDES QUE VACANTES OFERTADAS, AS PERSOAS QUE SOLICITARON PRAZA EN:

4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

5º EDUCACIÓN INFANTIL (4 ANOS)

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

DEBERÁN PRESENTAR NA SECRETARÍA DO COLEXIO, ENTRE OS DÍAS 22 DE ABRIL E 3 DE MAIO DE 2013, A DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA QUE ACREDITE A PUNTUACIÓN OBTIDA NO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO ESCOLAR 2013-2014.

O CONSELLEIRO DE CULTURA E EDUCACIÓN NO CEIP Emilia Pardo Bazán

O conselleiro de Cultura e Educación presenta á comunidade educativa o proxecto de ampliación do CEIP Emilia Pardo Bazán.

  
 Pé de imaxe: Dª. Belén Docampo (Delegada da Xunta), D. Carlos Negreira (Alcalde da Coruña), D. Xesús Vázquez Abad (Conselleiro de Educación), D. José Manuel García Yanes (Director do colexio), D. Indalecio Cabana (Xefe Territorial de Educación da Coruña).

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe á comunidade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán o proxecto de obras de ampliación que o seu departamento vai desenvolver neste centro, e que suporán un investimento de preto de 2 millóns de euros. No acto estiveron presentes o Alcalde-Presidente do Concello da Coruña, a Delegada da Xunta, o Xefe Territorial da Consellería de Educación da Coruña e o Director do colexio. Deste xeito a Consellería completa as actuacións realizadas neste colexio, no que estudan 661 escolares, ao que tamén se achegaron 151.500 euros para o peche da pista polideportiva, a instalación dun ascensor e melloras no sistema eléctrico e na calefacción.

Con estas actuacións o departamento educativo da Xunta de Galicia amosa o seu compromiso coa comunidade educativa coruñesa. De feito, a ampliación do CEIP Emilia Pardo Bazán vén dar resposta ás necesidades da do barrio dos Rosais, con 9 aulas para que as alumnas e alumnos deste colexio gocen dunhas instalacións nas mellores condicións, corrixindo as eivas das agora existentes.

A ampliación do CEIP Emilia Pardo Bazán, cun orzamento de máis de 2 millóns de euros, suporá a construción de nove aulas, unha sala de usos múltiples, comedor e unha nova zona de administración e aulas de apoio. O aulario levantarase nunha parcela anexa ás instalacións actuais, próxima ao paseo marítimo. Os terreos serán cedidos polo Concello da Coruña á Xunta, en virtude do acordo acadado entre ambas administracións tras varios meses de negociacións, no que tamén se contou coas suxestións dos representantes da dirección do CEIP e da asociacións de pais e nais.

De acordo coas necesidades detectadas pola unidade técnica da consellería, as novas instalacións organizaranse nun novo edificio de 1.500 metros cadrados. No andar baixo localizaranse os servizos comúns, como un comedor con capacidade para 300 rapaces, unha sala de usos múltiples e un local para a ANPA, e no primeiro, as nove aulas cos seus correspondentes aseos, dúas unidades de apoio educativo, unha sala de profesores e unha nova zona de administración.

Durante a súa visita ao CEIP Emilia Pardo Bazán o conselleiro interesouse ademais polo funcionamento das seis aulas Abalar que funcionan no centro, das que se benefician máis de 130 alumnas e alumnos, o que supuxo unha achega da Xunta de 74.000 euros; así como polo da biblioteca escolar, cuxa actividade ten apoiado a Consellería cunha achega de 19.000 euros.

(Fonte informativa: Portal Educativo da Consellería de Educación)

Distribuir contido