Actualidade

UN PROXECTO MONSTRUOSO

“Lo que define el interés de un proyecto no es tanto el tema (el objeto), sino el impulso que genera para actuar.” 

N. Sanmartí, R.M. Tarín. PROYECTOS Y ACTIVIDADES PARA CAMBIAR EL ENTORNO. En: “LOS PROYECTOS DE TRABAJO EN EL AULA. Reflexiones y experiencias prácticas”. Editorial Graó.

Un novo formato no calendario do mes de maio, esta vez coas fases da lúa,  iniciou un longo diálogo:

-         "En un video de Michael Jackson, vi que había luna llena y se convertía en lobo.

-         Cuando es de día se transforma en chico normal, cuando es de noche en lobo.

-         Su voz se parece a un perro sólo que dicen frases distintas.

-         Si los lobos fueran vampiros, de día no saldrían, porque los vampiros con el sol se mueren.

-         Los lobos se mueren si los matan con una escopeta. Los vampiros si sólo huelen el ajo, no les gusta y se espantan.

-         Los vampiros son personas pero con colmillos, porque Drácula existió, estaba metido en un ataúd.

-         Hace mucho tiempo los vampiros y las momias eran gente muerta, porque ahora no hay". 

Cando lles dixen que me parecera unha conversa moi interesante, axiña preguntaron: Pero … imos investigar sobre o que nos da medo? A proposta era ampliar a súa visión unilateral destes personaxes.

O mellor xeito para logralo, era utilizar os textos orixinais destas historias onde o hombre lobo é un neno criado por estes mamíferos (Rudyard Kipling, EL LIBRO DE LA SELVA) ou onde a descrición dos protagonistas non é tan fiel ás propostas cinematográficas que coñecen (Bram Stoker, DRÁCULA  e  Mary Shelley, FRANKENSTEIN O EL MODERNO PROMETEO). O que non quedaba claro era si …Drácula tiene los colmillos más grandes y voz temblante, los vampiros hablan con la “z”pero para atopar unha resposta contaron coa axuda da mestra de Audición e Linguaxe. 

Ademais os finais destas novelas eran o suficientemente abertos  para pensar tamén noutras posibilidades, como por exemplo coa obra de Mary Shelley:

-         "Se fue y ni siquiera se dio cuenta que dio la vuelta y volvió al país del que se fue porque era listo. Él no se dio cuenta pero dio la vuelta.

-         A lo mejor había mucho viento y la barca dio la vuelta, se hundió y después se le despegaron las partes…. murió. Pudo haber naufragado y se hundió.

-         Se chocó y nadó hasta una piedra y se subió…. vió una isla y se fue nadando hasta ella.

-         ¿Había comida?

-         Plátanos, cocos… entonces sobrevivió".

     Pero a idea de fondo era atopar as razóns polas que se crearon estas historias:

-         Las momias cuando están muertas se llaman “muertos vivientes”.

-         ¡Pero que raro, pero si se llaman muertos vivientes, viven!

-         Todo lo que dijeron se lo inventaron para que no entrara la gente.

-         Puede ser que escondieran allí el tesoro, porque allí solo se ponen los muertos y ahí los ladrones no se enteraban.

-         Querían ellos el tesoro, a lo mejor los ladrones querían ir ellos a robar el tesoro.

     E se todo era resultado dunha imaxinación desbordante …

-         Si era un día de sol no iba a hacer este cuento de monstruos, aunque si lo podía hacer, pero no se imaginaría una historia de miedo; se imaginaria una de algo bueno o algo así.

… seguramente nós tamén seriamos quen de inventar as nosas propias historias. Pero antes, e para coñecer outra visión destas criaturas terroríficas, veunos a visitar Mª Luisa Abad. Pasamos un bo rato coas súas divertidas poesías de monstros e deunos ideas para facer a nosa.

Velaiquí o que fixemos …

     E para rematar, tamén o curso e o ciclo de infantil, cociñamos as Magdalenas de Troll que atopamos no conto: Adam Stower. OLIVER Y EL TROLL.

MAR Santiago Arca, Xuño 2016

 

V FESTIVAL ARTE POLA IGUALDADE

 

(Imaxes publicadas no xornal La Opinión Coruña)

                          

 

O pasado luns, día 30 de maio de 2016, tivo lugar no Teatro Colón da Coruña a celebración do "V FESTIVAL ARTE POLA IGUALDADE". Este evento anual acolleu unha nova cita que sumouse á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano 2016 ao poeta Manuel María, falecido na Coruña. No espectáculo, que combinou disciplinas como a danza, teatro e música, participaron alumnos do centro de educación especial María Mariño, situado nas Xubias, e do Conservatorio Profesional de Música da Coruña. Como novidade, este ano tamén colaboraron alumnos dos colexios Emilia Pardo Bazán de Los Rosales e San Pedro de Visma.

 

VER IMAXES PREVIAS Á ACTUACIÓN

VER DÍPTICO DO FESTIVAL

VER VÍDEO COMPLETO DA ACTUACIÓN

 

ENSAIO BAILE DAS CINTAS

 

Ensaio Baile das Cintas from ceip_epb on Vimeo.

I TORNEO DE XADREZ EMILIA PARDO BAZÁN

 

O pasado venres, día 27 de maio de 2016, tivo lugar no Salón de Usos Múltiples do colexio a celebración do "I TORNEO DE XADREZ EPB". Contamos coa colaboración da Asociación Galega de Axedrecistas que agasallou aos participantes e gañadores con medallas e trofeos.

A clasificación final do torneo pode consultase no seguinte enlace.

Esta actividade enmárcase no traballo realizado durante o 1º e 2º trimestres do actual curso escolar polo mestre responsable de xadrez, Don Pedro de Uña Álvarez, que adestrou aos participantes que voluntariamente desexaron participar no Clube de Xadrez "Petrov".

Ver imaxes do Torneo

OBRADOIROS DE SCRATCH NO NOSO CENTRO

 

O alumnado de 5º curso de educación primaria está a punto de finalizar a súa formación inicial como programadores de videoxogos. Grazas ao convenio de colaboración coa ONG Axuda en Acción, que subvenciona os obradoiros enmarcados no proxecto GENIOS.ORG, tanto nenos coma nenas desenvolveron ao longo de 12 sesións prácticas dirixidas polo especialista en Scratch, D. Horacio González Diéguez, os conceptos sobre a educación en valores.

A mostra dos traballos realizados polo alumnado pódese consultar no seguinte enlace:

https://scratch.mit.edu/studios/1845770/

 

ENTREGA DO CHEQUE SOLIDARIO 2016

 

O día 21 de abril de 2016 realizamos na biblioteca escolar o acto de entrega do cheque solidario 2016, á entidade COCIÑA ECONÓMICA da Coruña.

No acto estivo presente unha escolma de alumnado de educación primaria en representación de todo o alumnado do colexio. Por parte da Cociña Económica asistiu o seu presidente actual D. Alberto Martí Villardefrancos acompañado dun asistente social (Pablo).

Logo dunha presentación audiovisual na que se daba conta da historia e das actividades da Cociña Económica da Coruña, o alumnado tivo a oportunidade de realizar varias preguntas sobre o seu funcionamento.

O cheque solidario correspondente á recadación do XVIII Rastrillo da Solidariedade ascendeu á cantidade de:

2.863,00 €

Esta cifra vai a permitir aos responsables da Cociña Económica continuar co reparto dun bocadillo para a merenda dos seus usuarios ao longo de todo un mes.

Grazas a toda a comunidade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán pola súa colaboración.

 

 

 

DÍA 2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DE CONCENCIACIÓN SOBRE ESTE TRASTORNO.

«En este Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo, insto a que se promuevan los derechos de las personas con autismo y se asegure su plena participación e inclusión, como miembros valiosos de nuestra tan diversa familia humana, para que puedan contribuir a crear un futuro de dignidad y oportunidad para todos.»

Mensaje del Secretario General, Ban Ki-moon con motivo del Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo, 2 de abril de 2016.

 

 

Na Revista Galega do Ensino EDUGA aparece publicado un artigo sobre a Celebración desta xornada no CEIP Salgado Torres da Coruña.

Olga Lalín e Seso Durán, son profesores de ensino secundario e pais de Manuel, un pequeno de sete anos que ten autismo. 

 
O 2 de abril é o día mundial de concienciación sobre este trastorno e cada ano publican un video como aportación para darlle visibilidade. 
 
A canción de Manuel V:  Fuxiamos:  https://www.youtube.com/watch?v=1kqV7YHB0ro
 
 

 

FACER MAXIA? … ESO E IMPOSIBLE!

“El que no cree en la magia nunca la encontrara”.

Roal Dahl

Co gallo da celebración do DÍA DA PAZ, na sesión de Xogar a Pensar do pasado 13 de xaneiro estivemos a dialogar sobre a frase: NADA É IMPOSIBLE. Falaron que había cousas difíciles, pero posibles con axuda … 

-       “Pues yo monté en una bici grande y no me caí porque me agarraron el manillar.

-       Porque ellos ya las aprendieron cuando eran pequeños. Ya fueron pequeños y nos enseñan…

-       … porque así tú después ya sabes hacerlo, y lo puedes hacer con tus amigos”. 

…  e adestramento …

-       “Porque si lo intentamos, a lo mejor un día nos salen bien.

-       Hay que intentarlo dos veces… porque hacemos prácticas y si practicamos nos va a salir mejor, mejor y mejor.

-       Pero no solo puedes aprender a hacer las cosas sólo dos veces, hay que practicar muchas más veces; porque si practicas más de dos veces te sale mejor. Y además con sólo dos veces no te sale, porque yo lo intenté y no me salió”.

Plantexeilles entón a posibilidade de atopar un reto difícil para realizar na clase, e comprobar se as súas hipótesis eran acertadas. Unha desas intervencións, iniciou un debate que se intensificou ao longo dos días seguintes e se prolongou durante todo o trimestre: 

-       “Hacer magia…

-       … eso es imposible, no se puede hacer!”

A primeira proposta chegou da casa, o truco do dedal deixounos abraiados/as a todos/as. Cando lles suxerín que elaboraron un sinxelo texto para explicar coas súas palabras as instrucións necesarias para poder repetilo, houbo quen o consideraba unha perda de tempo porque coa explicación de cómo se facía e un par de repeticións era suficiente para poñelo en práctica.

Pero cando atopamos trucos máis longos que ían acompañados dunha explicación matemática, decatáronse de que calquera cambio non pasaba inadvertido e valoraron a elaboración do “libro de maxia” coa enumeración dos pasos a seguir. Con frases curtas e precisas, cheas de verbos de acción e formas impersoais ordenaron o proceso: o que hai que facer primeiro, o seguinte … para non cometer erros e que xurdira a maxia.

Ao mesmo tempo que se puñan da cordo para atopar a mellor redacción, non deixaban de operar con números naturais. Así:

-       No truco do 5 estiveron a sumar (anotando cantidades resultantes), a restar (quitando a cantidade de números que indicaba elixido para comezar), a multiplicar por dous (duplicando os díxitos dun número) e a dividir por dous (separando os números do comezo dos do final).

-       No día do teu aniversario, contaron cifras igual que xa na Idade de Pedra se facía con osos ou pedriñas.

Ademais no Misterioso caso do ananiño desaparecido, observaron os cambios aos que se viron sometidas as pezas do puzle para chegar ao truco final.

Despois de moitos ensaios, había que decidir cómo vos presentar os nosos logros, e a proposta foi unánime: BENVIDOS/AS AO NOSO ESPECTÁCULO DE MAXÍA!... e non esquezades que un/unha mago/a nunca desvela o seus segredos.

MAR Santiago Arca, marzo 2016

FESTA DA PRIMAVERA

Nun fermoso día do mes de marzo celebramos todos xuntos a

Festa da Primavera, cun desfile de gorros de Pascua nas pistas do colexio.

 

 
 

 

 

 

SMARTICK: REFORZO DAS MATEMÁTICAS

 

      

       O alumnado de 5º e 6º cursos de educación primaria está a traballar desde hai 15 días nunha ferramenta dixital para a mellora das Matemáticas, denominada SMARTICK, grazas ao convenio de colaboración coa ONG Axuda en Acción que subvenciona integramente o prezo de cada unha das licenzas dixitais que permiten o acceso ao programa. As licenzas teñen unha duración de 1 ano desde febreiro do 2016 ata febreiro de 2017.

      Smartick é un método on-line, único no mundo, que garante a comprensión das matemáticas, acelera a súa aprendizaxe e desenvolve ao máximo as competencias do alumnado entre os 4 e os 14 anos. Son sesións curtas (15 minutos) e diarias, cun grao de concentración máxima, contido individualizado e personalizado e resposta inmediato ao alumnado.

      Smartick é tanto para nenos/nenas que necesitan reforzo como para os/as que buscan ampliar coñecementos pois cada un avanza ao seu propio ritmo, de maneira totalmente personalizada.

 

 

 

Distribuir contido