Secretaría, Impresos, Novas

ESPAZO ABALAR

No presente curso deixamos de empregar a aplicación de mensaxería Tokapp School  e a ferramenta de comunicación do centro será ABALAR MÓBIL

As familias deberán instalar a aplicación ABALAR MÓBIL. Guía de uso para as familias.

 

O profesorado poderá acceder na ligazón ao ESPAZO ABALAR. Guía de uso para o profesorado.

Listaxes de alumnado por cursos 2019 -2020

A continuación aparecen as listaxes cos grupos de alumnado que figuran matriculados neste centro para o curso escolar 2019-2020. Estas listaxes teñen carácter provisional e poden ser obxecto de modificacións, por altas e baixas.

4º EDUCACION INFANTIL
5º EDUCACION INFANTIL
6º EDUCACION INFANTIL
1º EDUCACIÓN PRIMARIA
2º EDUCACIÓN PRIMARIA
3º EDUCACIÓN PRIMARIA
4º EDUCACIÓN PRIMARIA
5º EDUCACIÓN PRIMARIA
6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO 4º DE PRIMARIA

Publicación da listaxe definitiva de fondo solidario de libros de texto de cuarto de Educación Pimaria. Ver resolución.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO 4º DE PRIMARIA

Publicación da listaxe provisional de fondo solidario de libros de texto de cuarto de educación primaria. Ver resolución.

O prazo de reclamación contra a presente resolución remata o 14 de xullo.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2019-2020

Lembramos aos admitidos que deberán formalizar a matrícula na secretaría do Colexio dende o 20 de xuño ata o 1 de xullo de 2019 en horario de 9:00 a 14:00 horas os días laborables, agás o 1 de xullo que será de 10:00 a 13:00 horas.

 DOCUMENTACIÓN NECESARIA

1.- Impreso de matrícula Anexo III-1 (recoller en Secretaría). DESCARGAR IMPRESO.

2.- Ficha de datos persoais (recoller en Secretaría). DESCARGAR FICHA.

3.-Impreso de autorización dos dereitos de imaxe (recoller en Secretaría). DESCARGAR AUTORIZACIÓN.

4.- Cuestionario lingua materna para as familias de educación infantil. DESCARGAR IMPRESO.

5.- Outros documentos:

      * 6 Fotografías tamaño carné para o alumnado de educación infantil.

      * 2 Fotografías tamaño carné para o alumnado de educación primaria.

6.- Fotocopia Tarxeta Sanitaria.

 7.- As familias do alumnado de novo ingreso no centro que desexen darse de alta na Asociación de Nais e Pais (ANPA Milnen@s) poden facelo non seguinte ENLACE.

FESTA FIN DE CURSO 2018-2019

Xa temos na galería a selección de imaxes da festa de celebración do fin de curso e da despedida do alumnado de 6º de primaria.

Desde o centro queremos desexar a todo o alumnado e ao profesorado que non vai estar connosco no vindeiro curso o mellor para as vindeiras etapas das súas vidas e tamén agradecer a ANPA a súa colaboración indispensable na organización desta festa. Bo verán e gozade das vacacións.

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2019-2020

   Os Equipos Docentes deste centro aprobaron as listaxes de Libros de Texto para o vindeiro curso escolar 2019-2020. Se desexan consultala poden facelo no seguinte enlace: 

LIBROS DE TEXTO 2019-2020

 

  AVISO: O libro de Valores Sociais e Éticos  unicamente deben mercalo os/as alumnos/as que NON escolleron Relixión.

MATERIAL ESCOLAR

      4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos) 5º EDUCACIÓN INFANTIL (4 anos) ACTUALIZADA CON 4ºC 6º EDUCACIÓN INFANTIL (5 anos)
1º EDUCACIÓN PRIMARIA 2º EDUCACIÓN PRIMARIA 3º EDUCACIÓN PRIMARIA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA 5º EDUCACIÓN PRIMARIA 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

No Diario Oficial de Galicia do día 20 de maio de 2019 publícase a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2019.

Orde do 3 de maio de 2019

Sede Electrónica

Solicitude Presencial

BECAS DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2019-20

 

O día 17 de abril de 2019, publicáronse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2019-2020.

 

O prazo para solicitalas será do 22 de abril ao 6 de maio de 2019, ambos os días incluídos.

Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales), ou na páxina web da sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).

 

As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

 

Programa municipal de traballo con familias.

Distribuir contido