Biblioteca

REMATADA A EMISIÓN DO PROGRAMA "ONDA TI" DA NOSA RADIO EMILIA NA ONDA

Moitísimas grazas a Diego e a Manuel e ao resto de colaboradores por facernos levadeira a etapa de confinamento e darnos a posibilidade de achegarnos ao resto da comunidade educativa a través da radio en directo. Máis información na web da nosa biblioteca: https://bibliotecaepb.blogspot.com/

Todos os programas emitidos no seguinte enderezo: 

https://www.spreaker.com/show/biblioteca-epbs-ondati

     

Día Internacional do Libro e o Dereito de Autor: lemos O Principiño

Para celebrar o día do libro este ano a biblioteca escolar do noso centro fixo un enorme esforzo de recompilar os fragmentos da lectura multilingüe do famoso libro "O PRINCIPIÑO". Grazas a todos os colaboradores. Podedes ver o vídeo e toda a información na web da nosa biblioteca.

"EMILIA NA ONDA"

A nosa emisora de radio xa ten nome: "Emilia na onda"


Dentro do programa "Radio na Biblio" fixemos un concurso para escoller o logo e o nome da emisora do noso cole.

Despois de moitas deliberacións, a gañadora foi Martina de 4º EP.

No día de hoxe, mércores 18, fixemos entrega do seu agasallo que recibiu acompañada cos seus compañeiros e compañeiras que a premiaron con un forte aplauso.

NORABOA MARTINA!

 

 

OBRADOIRO DE ANÁLISE SENSORIAL DOS ALIMENTOS NO BLOGUE O GUSTO É NOSO

O blogue "O gusto é noso" actualiza o contido coas imaxes dun obradoiro sensorial realizado en educación infantil. Premer na imaxe para acceder.

Presentación da autora Ana Alcolea do seu libro "EL RETRATO DE CARLOTA"

Ana Alcolea estivo no noso centro para presentarnos a súa obra "EL RETRATO DE CARLOTA"

O alumnado de sexto estivo disfrutando coa lectura e moito mais coa súa presentación que foi moi interesante. Estamos encantados tendo o noso libro asinado pola autora.

Moitas grazas Ana.   Galería de fotos.

 

OBRADOIRO DE ENCUADERNACIÓN PARA 6º EP CON AFEXDI

 

   
     

AFEXDI

(Asociación para a formación e o emprego de persoas con discapacidade)

MOSAICO DE ROSALÍA DE CASTRO

 

 

 Este curso, con motivo do día de Rosalía de Castro (24 de febreiro), decidimos realizar a nosa particular

homenaxe á súa figura cunha actividade na que participara a maior parte dos integrantes da Comunidade

Educativa.

Para esta tarefa, confeccionamos cunha foto da escritora galega un gran mosaico (2 x 1,5 m), elaborado con

miles de pequenos retratos do alumnado, profesorado, exprofesorado e persoal non docente. Este mural

quedará exposto na entrada principal do Centro.

 

Os Equipos de

Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca Escolar

 

MOSAICO DE ROSALÍA DE CASTRO

DÍA DE ROSALIA: 24-02-2016

 O mércores 24 de febrero de 2016 conmemoraremos no Colexio o 179 aniversario do nacemento da ilustre escritora galega Rosalía de Castro. O alumnado realizará unha lectura, a través da megafonía, dalgúns dos seus poemas.

 

DÍA DE ROSALÍA 2016 on PhotoPeach

 

Distribuir contido