Skip to Content

Departamento de orientación

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL. Orientacións ás familias.

O noso  pensamento  está  composto  por  palabras, polo tanto a linguaxe  é  fundamental  para  comunicarnos, non só cos demais,  senon  tamén  con  nós  mesmos. Contar  cunha  linguaxe  elaborada   permitiranos  facer  razoamentos  tamén  máis  complexos  e, por conseguinte, “pensar mellor”.  Do noso dominio  da  linguaxe  depende  a  nosa capacidade  para  realizar   reflexións  máis  ou  menos  profundas e establecer unha  relación  co  entorno que nos permitirá  adquirir  novas  aprendizaxes.


Por outra  parte,  a nosa  expresión  oral  é  a  carta  de  presentación  na interacción  cos  demais, posto que é o primeiro  que  escoitan   de  nós.

 

Aínda  que  hai  outros  xeitos  de  comunicación,  a  linguaxe  humana  baséase  na  nosa  capacidade  para comunicarnos  por medio  de signos lingüísticos. Os nenos ao  naceren  teñen  unha  capacidade  innata para adquirir  unha  linguaxe  que lles permita  comunicarse, pero   conducta lingüística  non  é  instintiva como a respiración ou a deglución; o código lingüístico  debe ser adquirido por  medio do contacto con outros  seres  humanos que lle sirvan de modelo.


Neste  sentido, o entorno natural  para o desenvolvemento da comunicación é a familia, xa que  é  a  única  que  pode  dar  unha  estimulación  intensiva  desde  o  primeiro  momento  e  durante as 24  horas dos 365  días  do ano. Esta  estimulación   conta, ademais, coa  ventaxa de estar  unida   a   situacións  naturais  e  enormemente  motivadoras pola  carga  afectiva  e  lúdica  que  levan  implícita.

 

Non  debemos esquecer que o  desenvolvemento da linguaxe  é  un proceso evolutivo  que  sigue  o  seu  propio  ritmo en cada neno. Nós  non debemos  forzar  ese  proceso  pero    podemos  favorecelo  e  facilitalo  moito.  Que  os  nosos  nenos  pronuncien e articulen ben  os  sons  e  amplien  o  seu  vocabulario  e  estructuras  vai  depender  en gran  medida  dos    modelos  que  lles  ofrezan  os  adultos  do  seu  entorno.

 

As  diferentes  actividades  da  vida  diaria son moi útiles   para  estimular  a  linguaxe  oral  dos  nenos,  pero  tamén podemos  e  debemos  provocar  nós  algunhas  situacións  de  comunicación  non  tan  espontáneas: os  comentarios  sobre  o  que  imos  vendo  desde  o  autobús,  a visita  a  unha  feira  ou   un  museo, a lectura  conxunta  das  imaxes  dun  conto, …

 

Desgraciadamente,  o  cada  vez  máis  estresante  ritmo  de vida  que  levamos,   está  empezando  a  interferir  nesta  función  natural  do  entorno  familiar, o cal se  está  vendo  reflectido  nun  significativo   incremento  das   dificultades  de   expresión  oral  nos  nenos .


Por  todo  isto,  desde  o departamento de Orientación editamos  un  pequeno  tríptico   con    algúns  consellos;  agardamos  que  vos  resulten  de  utilidade.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

 

Os Departamentos de Orientación  son servizos educativos especializados de Orientación Educativa, Psicopedagóxica (atención aos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais) e Profesional creados coa intención de favorecer a calidade e mellora do ensino.

O Departamento de Orientación que actúa no noso colexio está formado por diferentes profesionais:

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación  como Orientadora de referencia do Centro.

Pofesorado de Pedagoxía Terapéutica: presta atención educativa especializada ao alumnado con dificultades de aprendizaxe co obxectivo de estimular e intervir educativamente no afianzamento persoal e social dos noso alumnado.

Profesorado de Audición e Linguaxe: presta atención educativa especializada ao alumnado con dificultades da linguaxe oral.

As funcións do Departamento de  Orientación son as seguintes:

   * Valora-las necesidades educativas no ámbito da orientación, e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.

    * Elabora-las propostas do Plan de Orientación Académica e do Plan de Acción Titorial.

  * Participar na elaboración, seguemento e avaliación do PEC e do PCC, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción. 

  * Deseñar actuacións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe, derivadas de condicións desfavorables ou de sobredotación.

    * Participar na avaliación psicopedagóxica e no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.

   * Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento necesarios para que o alumnado poida afrontar adecuadamente os momentos escolares máis decisivos ou dificultosos.

    * Cooperar cos equipos específicos.

    * Promove-la cooperación entre o centro e as familias.

    * Establecer canles de comunicación cos diferentes servicios ou institucións.

    * Aqueloutras que a Administración Educativa determine no ámbito das súas funcións.

    As familias interesadas en comunicarse coa Orientadora deberán facelo, previa comunicación ao centro.

   

Distribuir contido


by Dr. Radut