Skip to Content

Información

A hora do código

O próximo sábado 16 de decembro a Facultade de Informática da UDC organiza un evento para nenos/as co obxectivo de unirse á Hora do código, que se trata "dun movemento global, que chega a deceas de millóns de estudantes en máis de 180 países."

Con esta actividade preténdese que os participantes programen a través da programación visual, que é máis axeitada ás idades dos rapaces/zas, para que vaian introducíndose nesta nova linguaxe. Está aberta a inscrición para nenos/as entre 8 e 14 anos. Toda a información tédela á vosa disposición na páxina web creada pola Facultade de Informática, onde se indican os pasos para inscribirse, o material necesario, entre outros datos.

INFORMACIÓN

 

Bulide, animádevos a asistir e aprender xogando a programar!

Robots en familia

O próximo venres 15 de de decembro ás 12h. acudirán ao centro os pais de Pablo, alumno de 4º de E.P., para explicarnos na charla titulada "Robots: Que? Como? Cando?" a presenza dos robots na nosa vida diaria e a importancia da aprendizaxe dunha nova linguaxe, que nos permitirá comunicarnos dun xeito diferente.

Este encontro está dirixido ao alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria e desenvolverase no SUM.

Agradecemos a colaboración das familias no desenvolvemento desta actividade e agardamos que moitas máis se animen a participar desta iniciativa.

Agardámosvos!

“INTRODUCCIÓN Á ROBÓTICA EDUCATIVA” NO CEIP EMILIA PARDO BAZÁN

O noso centro foi seleccionado e aparece na relación definitiva dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa “Introdución á robótica educativa en primaria” para centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso 2017/18.

O alumnado de 4º e 5º cursos de educación primaria terá a oportunidade de iniciarse na programación básica, robótica e construcción.

Cada centro seleccionado recibirá unha dotación de material formada polos seguintes mínimos:

  • 6 robots de usos educativos, adecuados ás idades do alumnado.
  • 6 kits de construcción, que permitan a realización dun mínimo de 5 proxectos diferentes.
  • Manual de uso e gúia didáctica.
Distribuir contido


by Dr. Radut