Skip to Content

Tokapp School

TOKAPP SCHOOL

No seu obxectivo de mellorar a comunicación coas familias, á vez que reducir o consumo de papel e gasto de fotocopias, o centro decidiu pór en servizo a APLICACIÓN TOKAPP SCHOOL, unha nova e potente ferramenta de comunicación coas familias a través do móbil de forma sinxela e gratuíta.

Desde Tokapp School poderemos enviar unha mensaxe a todos os destinatarios do centro, a unha clase ou a un grupo concreto ou únicamente a un destinatario (información de reunións, eventos, novas, recordatorios, circulares, etc.).

As familias poderán recibir as comunicacións do centro nunha Tablet ou Smartphone con sistema operativo iOS (IPHONE e IPAD), Android ou Windonws Phone. Para iso terán que descargar un App móbil que é totalmente gratuíta. Será o centro que contratou o servizo o que soportará un custo anual pola licenza de uso da plataforma.

Á hora de rexistrarse poderase facer introducindo o número de teléfono ou ben un e-mail.

Esta plataforma permite establecer unha comunicación instantánea, sinxela, segura e privada entre o centro educativo e todos os seus integrantes sen necesidade de gastar papel ou diñeiro en SMS e circulares. Ademais permite manter unha comunicación directa e eficaz, cumprindo a Lei Orgánica de Protección de Datos e con validez nos seus comunicados.

Nos vídeos que se mostran a continuación explícase como descargar, instalar e usar a aplicación.

Naqueles casos en que as familias non dispoñan deste dispositivo, tomaranse as medidas oportunas para garantir que as comunicacións do colexio cheguen a todas elas.

DESCARGA E INSTALACIÓN DA APP NO SMARTHPONE

 

USO DA APLICACIÓN

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut