Meu amigo maior

VISITAS

 

VISITAS ESPECIAIS 

Dentro do programa “Voluntariado Miúdo” do Plan Proxecta , ofrecéronnos unhas actividades moi interesantes. 

O pasado xoves 4 de abril, os pequenos recibimos a visita de Anxo Moure, pasamos un rato moi divertido escoitando as súas historias sobre “O Carballo con Botas”.

 

Para os amigos maiores, Ramón Molina explicoulles o significado tan especial que ten o voluntariado, todo mediante xogos moi divertidos.

anterior   seguinte

XORNADA DE CONVIVENCIA CO ALUMNADO DO CEIP SAN MARCOS

O alumnado do proxecto "O MEU AMIGO MAIOR" celebrou unha xornada de convivencia co alumnado do CEIP Plurilingüe San Marcos de Abegondo. Acceder á galería.

 

TALLER VOLUNTARIADO MIÚDO DO PROXECTO "O MEU AMIGO MAIOR"

O alumnado de 6ºA recibiu formación de voluntariado miúdo dentro do proxecto "O MEU AMIGO MAIOR"

Aquí podedes ver a galería de fotos.

Cal é o teu superpoder?

 

CAL É O TEU SUPERPODER?

 

Na aula dos pequenos estamos a traballar cos superheroes e superheroínas. Os dos cómics xa os coñecemos a todos e todas, teñen características comúns e a máis importante é que son persoas normais e correntes que teñen algunha habilidade especial e que decidiron usala para axudar as outras persoas, así que decidimos investigar se realmente poderían existir entre nós.

O resultado foi que hai xente moi especial como os bombeiros, médicos... que son os superheroes e superheroínas reais, pero tamén descubrimos que podríamos ser cada un de nós porque todos e todas temos algo especial que facemos moi ben e que nos pode servir para axudae aos demais cando o necesitan e facelos máis felices.

Despois de ver cales eran os nosos, fomos preguntarlles aos nosos amigos maiores.

Como nos gusta o traballo en equipo, na nosa aula completamos a información cos nosos debuxos.

Para rematar, fixemos este libro para poder ver o noso traballo.

 

 

 

 

AGASALLOS

AGASALLOS

O que máis nos gusta é estar xuntos e buscamos calquer excusa para facelo, aínda que antes pasemos un pouco de traballo.

Por iso, en Nadal, fixemos agasallos para intercambiar

 

 

E para celebrar o día dos amigos moi amigos, os pequenos levamos unha sorpresa ao maiores.

 

 

 

Qué ben o pasamos!

 

anterior

 

 

 

VISITAMOS AOS AVÓS E AVOAS

 

VISITAMOS AOS AVÓS E AVOAS

 

 

O pasado xoves 29 de novembro, fomos de visita ao Centro de Día de Cáritas, aproveitando que traballa alí a mamá de Sara.

 

 

 

 

E como somos tan bos artistas, fixémoslle a nosa obra de teatro “Moito Conto”

 

 

Os avós e avoas estiveron tan atentos coma nós

 

 

Logo convidáronnos a unha rica merenda

 

 

Cando volvemos o noso cole, os pequenos fixemos un debuxo e os maiores unha carta para eles

 

 

 

ESTIVEMOS MOI BEN XUNTOS !!!!!

 

 

anterior

seguinte

 máis fotos

 

SORPRESA EN SAMAÍN

 

SORPRESA EN SAMAÍN

 O pasado mércores 31, cando estábamos en medio da festa do Samaín na clase, chegounos unha visita inesperada.

Eran os nosos amigos maiores cunha sorpresa para nós!!!!!

Era unha terrorífica araña de chupa chus.

 

Qué graciosa e como nos gustou!

anterior   seguinte

máis fotos

 

 

 

 

 

VUELTA AL COLE

 

VUELTA AL COLE

Un ano máis o noso cole participou en “la vuelta al cole” e fomos acompañados dos nosos amigos maiores.

 

Primeiro viñeron buscarnos á nosa clase

 

Logo cada un da man do noso amigo especial fixemos o percorrido.

Rematamos cunha foto conxunta de todo o cole xa que todos e todas fomos da man dun “amigo maior”.

 

anterior  seguinte

máis fotos

 

REENCONTROS

REENCONTROS

Un ano máis estamos por aquí!

Xa pasou o mes de setembro, mes no que volvemos á escola e vemos aos nosos compañeiros e compañeiras e tamén, como non, aos profes.

Este curso seguiremos co proxecto "O meu amigo maior" e por iso tiñamos moitas ganas de volver a estar xuntos. Foi pouco tempo pero o disfrutamos, os antigos e os novos que temos este ano para así coñecernos todos.

    

 

  

 

  

É o comezo dun grande e especial curso!!!! 

 

 

anterior   seguinte

máis fotos

n/d
Distribuir contido