EI 4º Curso, EI 5º Curso, EI 6º Curso, Educación Infantil

TEATRO NO EMILIA

 

Os nenos e nenas de E. Infantil tivemos unha mañá moi divertida. O grupo de "Teatro del Andamio" estivo no cole para representarnos: "A verdadeira Historia dos TRES PORQUIÑOS E O LOBO FEROZ".

Gustounos moito, tanto a nós coma aos nosos mestres e mestras, a proba foi que... estivemos todos atentos dende o principio ao fin!

O CARTEIRO REAL

 

 

O pasado 13 de decembro tivemos una visita moi especial, veu o noso cole o Carteiro Real para recoller as cartas dos nenos e nenas de infantil. Ademais todos recibiron caramelos como anticipo ós regalos que lles traerán os Reis Magos.

Disfrutade das caras de ledicia e abrio dos pequenos.

 

 

 

 

 

Entroido 2012

Este ano imos facer un traballo sobre a orixe do entroido en Galicia.

 


O día mundial do medio ambiente

         O día mundial do medio ambiente celébrase o 5 de xuño. É unha das principais vías que as Nacións Unidas empregan para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promocionar a atención e a acción política ao respecto.

         O obxectivo é motivar para que os nenos e as nenas se convirtan en axentes activos de respecto á natureza e promover un cambio de actitude cara os temas ambientais e fomentar a cooperación para que poidamos disfrutar dun futuro máis próspero e seguro.

 

 


 

Entroido 2012

Este ano imos facer un trabllo  recollendo información sobre o entroido en

Galicia

FILOSOFIA PARA NENOS/AS

FILOSOFIA PARA NEN@S: “XOGAR A PENSAR”.

 “-Bueno, no importa –dijo el principito-; los niños entienden todo”

A. de Saint-Exupéry. El principito.                                                                                                                                                                                

O programa “XOGAR A PENSAR” elaborado por Irene de Puig (Grupo de innovación e investigación filosófica) e Angélica Sátiro (Pedagoga, escritora, Coord. Programas Filosofía para nenos en escolas brasileiras e formadora de profesorado) ten as súas raíces no proxecto educativo FILOSOFÍA 3/18 que nace en Cataluña a finais da década dos 80, tomando como referente o currículo educativo “Philosophy for children” creado polo filósofo Matew Lipman.

            Esta proposta ten como obxectivo reforzar as habilidades de pensamento na escola, nas etapas de Primaria e Secundaria. Precisamente por abarcar estas etapas foi coñecido co nome de FILOSOFÍA 6/18 ata 1999. 

            Nese momento o profesorado de infantil empezou a demandar unha ampliación do proxecto na que se contemplara a súa etapa e se crease un material específico para estas idades.

Foi así como xurdiu “XOGAR A PENSAR”, para  axudar a favorecer n@s rapaces a adquisición dunha actitude e un pensamento máis crítico ante o mundo que @s rodea.

Propón traballar distintas habilidades de pensamento (observar, adiviñar, formular hipótesis, averiguar, comparar, imaxinar…) a través de actividades con contos, xogos e arte, empregando o diálogo entre os nenos e nenas.

 

A mestra actúa como conductora e estimuladora do pensamento plantexando preguntas e fomentando o diálogo, a discusión, a exposición de distintos puntos de vista sustentados en diferentes argumentos. Coas súas intervencións pretende axudarlles a pensar mellor por sí mesm@s para que sexan capaces de enfrentarse aos problemas da vida cotiá e a atoparlles solucións de xeito autónomo.

 

 MAR Santiago Arca

 

                                                                                                             

ENFOQUE CONSTRUCTIVISTA ALFABETIZACIÓN

 ENFOQUE CONSTRUCTIVISTA DE ALFABETIZACIÓN

porque ... para qué serve aprender o que non vale para a vida?

 

É unha adaptación constante da escola ao mundo no que nos toca vivir, por iso pretende que a realidade social que rodea aos nos@s alumn@s entre nas  aulas e para conseguilo propón plantexar é crear situacións na aula similares as que teñen lugar no contorno.

 

@s nen@s chegan á escola con moitas ideas acerca desta realidade na que están inmersos, e avanzan nas súas aprendizaxes na medida en que son capaces de relacionar o traballo da aula coas observacións e vivencias que experimentan fóra dela. O desenvolvemento destacapacidade depende, en boa medida, das oportunidades que as mestras llesbrindemos para facelo.

 

Por iso o traballo escolar  consiste en aproveitar todas as situacións que xorden no grupo e que forman parte da vida d@s nen@s para promover vivencias, experiencias, interaccións e procesos que contribuan a que o alumnado desenvolva estratexias, coñecementos e habilidades que lles sexan útiles para a vida diaria e para interpretar a realidade na que se atopan.

                                          

O proceso metodolóxico que imos seguir na escola, no que o pensamento e a linguaxe son a  columna vertebral, vai a consistir en:

 

  •       Traballar dun xeito contextualizado  a partires dos textos que tod@s manexamos na nosa vida cotiá tal e como son, con toda a súa complexidade (cantos máis e máis variados mellor).
  •           Aproveitar tódalas situacións que integren múltiples informacións e múltiples solucións.
  •           Aprender a facer as cousas xunt@s (grupos cooperativos), respectando a diversidade e  aproveitando as potencialidades de cada persoa.
  •      Darlles o tempo suficiente para procesar o que están a aprender.

 

De qué xeito podedes valorar este traballo? Pois fixando máis a vosa atención nos procesos mentais e estratexias que  poñen en marcha @s nen@s no desenvolvemento dunha actividade, ca no resultado final da mesma.

 

MAR Santiago Arca 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 3 ANOS

UN  TEMPO PARA ADAPTARSE Á ESCOLA

 

Tod@s somos conscientes de que chegar a un lugar novo non é fácil para ninguén, e aínda menos para @s  nen@s de curta idade a pesar da súa marabillosa capacidade de superar novos retos, polo que non podemos restarlle importancia a este momento.

 

O noso obxectivo é facer unha proposta coidadosa e individualizada do periodo de adaptación, nun ambiente de seguridade e confianza mutua onde acoller a cada nen@ dun xeito o máis individualizado posible. 

 

No mes de xuño, despois da matriculazón (momento no que se entrega a lista de material), comezan os primeiros contactos coas familias nunha  primeira xuntanza para tratar temas xerais e comentar cal é a nosa proposta de incorporación d@s nen@s.

 

 Posteriormente, no mes de setembro, nunha segunda xuntanza entregamos por escrito a información precisa para comezar o curso con serenidade (teléfonos de contacto, horarios, outros materiais, proposta de comer san ...). 

 

Unha vez finalizado o periodo de adaptación, as titoras comezarán a entrevistarse de xeito individual con cada familia, e convocarase unha terceira xuntanza para tratar aspectos particulares de cada clase.

 

A incorporación á escola consta de tres fases sucesivas polas que @s nen@s poden acomodarse dun xeito tranquilo e acolledor. È unha rutina de organización anual, aínda que cada curso se adapta ás datas sinaladas polo calendario oficial escolar. 

 

 

 
   

 

 

 

 

 

 

O horario dos grupos será rotatorio, de xeito que non sempre teñan que madrugar @s mesm@s nen@s.

 

Os primeiros días serán para coñecerse, observarse, comunicar e intercambiar sentimentos e emocións. Así, pouco a pouco, ir descubrindo un lugar novo con recursos novos e novas posibilidades, novos adultos con quen establecer vínculos afectivos e tamén nov@s compañeir@s.

 

Deste xeito a incorporación a esta etapa de educación infantil, na que se producen as aprendizaxes esenciais en todos os ámbitos do desenvolvemento (os avances educativos nesta etapa son inigualables a calquera outro momento vital) desenvolverá nos rapaces unhas habilidades para enfrentarse ás novas adaptacións que atoparán en máis ocasións na súa vida cotiá: desenvolvendo mecanismos de seguridade, bases de autoestima, aceptación con confianza de nov@s adultos  ...

 

Queremos darvos as grazas ás familias pola vosa colaboración, xa que somos conscientes de que actualmente os horarios laborais fan que a entrada á escola d@s vos@s fill@s sexa unha fonte de preocupación e toda unha aventura para compaxinar familia e traballo. 

 

 

Distribuir contido