EI 4º Curso, EI 5º Curso, EI 6º Curso, Educación Infantil

UNHA DAS NOSAS EXPERIENCIAS NUNHA PUBLICACIÓN EDUCATIVA

No curso escolar 2000-2001, os centros de formación para o profesorado ofrecían en Galicia os primeiros cursos de “Filosofia para nenos e nenas”, impartidos polas creadoras do Proxecto Noria: Irene de Puig e Angélica Sátiro.

 

As mestras e mestres que asistimos, descubrimos que non tiña nada que ver coa filosofía que nós estudaramos nos nosos anos escolares, senón que o que nos estaban a mostrar era un enfoque para axudar aos nenos e nenas a ser máis autónomos, a pensar por eles mesmos, a explorar alternativas a os seus puntos de vista, a descubrir os seu propios prexuicios e a que atopen razóns para as súas crenzas…sempre na compaña dos demáis. É dicir, proporcionarlles ferramentas para mellorar a súa capacidade de xuizo, e que en consecuencia poidan ser máis creativas/os e quizais máis libres.

 

Ese primeiro curso, os vindeiros asistimos a niveis más avanzados de formación, esixía a realización dun traballo práctico. Nel pedíannos que desenvolveramos nos nosos alumnos e alumnas habilidades de pensamento a través dun intercambio comunicativo empregando distintos materiais.

 

Ademáis deberíamos documentar a nosa experiencia: recoller por escrito a conversa, distinguindo as intervencións da mestra para facilitar o diálogo, das argumentacións das nenas e nenos, e incluir as producións que xurdiran.

                     

Dende entón non deixo de facelo na miña aula, programo unha sesión semanal de “Xogar a pensar” que documento seguindo a mesma proposta do curso. O artigo “Cuento sobrehilado” publicado na páxina 92 do nº 11 da  revista “Crear mundos”, e unha destas sesións.

MAR Santiago Arca

A VOLTAS COAS MATEMÁTICAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

     O pasado 28 de setembro de 2013 na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago, con motivo dos I Encontros de Educación Matemática para Infantil e Primaria, visualizouse un video no que as nenas e nenos de 6º “B” de Educación Infantil (Curso 2012-2013) do noso colexio traballan por parellas na resolución dun problema matemático. A súa tarefa consistía en documentar por escrito o proceso de reparto de 4 tacos de plastilina en 25 anacos.

MAR Santiago Arca

MEDRANDO NA ESCRITURA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Dende a páxina 34 ata a 40 do nº6 da revista IDEA, publicada polo CEFORE de Ferrol, poderedes coñecer o proceso de adquisición da escritura según o enfoque constructivista de alfabetización.

MAR Santiago Arca

A HORA DO CONTO

A HORA DOS CONTOS

A todos e todas nos gusta escoitar contos e historias cando somos pequenos, pero se é un avó ou avoa quen o fai...gústanos máis!
Os nenos e nenas da aula de 5 anos B, tivemos a sorte de que a avoa Piluca nos contase o conto: A que sabe a lúa?

Foi moi divertido! 

 

GRACIAS AVOA PILUCA!

 

Visita Didáctica: GRANXA ESCOLA BELELLE

6 Maio 2013 09:00
6 Maio 2013 14:00
Etc/GMT+1

O alumnado de 6º curso de educación infantil visita didáctica á Granxa Escola Belelle en Neda.

Visita Didáctica: GRANXA ESCOLA BELELLE

13 Maio 2013 00:15
13 Maio 2013 14:00
Etc/GMT+1

O alumnado de 5º curso de educación infantil visita didáctica á Granxa Escola Belelle en Neda.

Concerto Didáctico: "Los Colores de las cuerdas"

22 Mar 2013 10:30
22 Mar 2013 12:00
Etc/GMT+1

Concerto Didáctico organizado por Programa Educativo Son Futuro e Orquestra Sinfónica de Galicia e interpretado por ARCO IRIS. Actividade que terá lugar no Pazo da Ópera da Coruña os días 19-22 de marzo de 2013 á que asistirá o alumnado de 6º curso de educación infantil.

Concerto Didáctico: "Los Colores de las cuerdas"

20 Mar 2013 12:00
20 Mar 2013 13:30
Etc/GMT+1

Concerto Didáctico organizado por Programa Educativo Son Futuro e Orquestra Sinfónica de Galicia e interpretado por ARCO IRIS. Actividade que terá lugar no Pazo da Ópera da Coruña os días 19-22 de marzo de 2013 á que asistirá o alumnado de 5º curso de educación infantil.

Visita Didactica: GRANXA ESCOLA BELELLE

27 Maio 2013 09:15
27 Maio 2013 14:00
Etc/GMT+1

O alumnado de 4º curso de educación infantil visita didáctica á Granxa Escola Belelle en Neda.

TEATRO NO EMILIA

 

Os nenos e nenas de E. Infantil tivemos unha mañá moi divertida. O grupo de "Teatro del Andamio" estivo no cole para representarnos: "A verdadeira Historia dos TRES PORQUIÑOS E O LOBO FEROZ".

Gustounos moito, tanto a nós coma aos nosos mestres e mestras, a proba foi que... estivemos todos atentos dende o principio ao fin!

Distribuir contido