EI 4º Curso, EI 5º Curso, EI 6º Curso, Educación Infantil

O NOSO CAMIÑO ATA O XARDÍN DA XOANIÑA JUANITA

O proxecto “El jardín de Juanita”, proposto dende o Movemento Filosofía Lúdica e o Proxecto Noria (curriculum de filosofía para nenos e nenas), consiste en traer ao mundo real un xardín inspirado no do conto “La mariquita Juanita” (Angélica Sátiro, ed. Octaedro, 2004) que é o hábitat onde nace o personaxe principal (Juanita) e onde viven os seus amigos.

Dende o mes de outubro, semanalmente e de xeito continuado, realizamos micro sesións de “Xogar a Pensar” nas que dialogamos sobre os personaxes do conto, a súa maneira de ser e actuar, o entorno natural no que se atopan, as súas implicacións na nosa vida diaria … e sempre rematamos cunha reflexión que leva a unha actuación sobre o xardín.

O feito de que a nosa parcela estea lonxe do aulario, levounos a debuxar o mapa do camiño que recorriamos todos os venres para que poidades coñecer este espazo natural que no vindeiro curso manteremos e melloraremos.

Está a ser un pracer, para os nenos e nenas e para as persoas e colectivos (escolas, obradoiros e colectivos sociais) dos 7 países que estamos a participar, desenvolver a nosa conciencia ecolóxica dende diferentes enfoques.  Porque en  España, Portugal, Italia, México, Colombia, Uruguay, Arxentina e Brasil temos moitas e variadas apreciacións de como poder ser un xardín.

Ademais  da divulgación de todo o proceso durante o curso en facebook, teremos a oportunidade de dar visibilidade á nosa labor coa elaboración dun póster para un stand na XVIII INTERNACIONAL CONFERENCE OF ICPIC que se vai a realizar na Universidade Autónoma de Madrid do 28 de xuño ao 1 de xullo. Tamén estará no ENCUENTRO NORIA e no 9º CICI (Congreso Internacional de Creatividade e Innovación Social) en México durante o mes de Xullo.

MAR Santiago Arca, 28 maio 2017

A AVENTURA DE CREAR COMO MARY HEILMANN

Mary Heilmann é unha artista estadounidense, que vive e traballa en Nova York. É coñecida polas súas pinturas abstractas, cerámica e mobles.

Como toda  a súa obra se caracteriza por un uso lúdico da cor, a liña e a forma, no Recanto da Arte e xa convertidos/as nos/as mellores artistas pop, agudizamos o noso enxeño para ”pintar” con pezas xeometricamente diferentes en cor, tamaño e forma.

Na caixa de luz, reproducimos algunhas das súas estéticas …



… pero rematamos creando as nosas propias obras, aparentemente tan simples que é inevitable sorrir fronte a elas pola ledicia que irradian.



Confirmamos así que o traballo de Mary Heilmann foi tan influínte para os artistas novos como para nós (que tamén o somos).

MAR Santiago Arca, Marzo 2017

 

 

 

 

A CHOQUEIRADA DE INFANTIL

O xoves da choqueirada foi unha xornada divertidísima no aulario de infantil.

 A creatividade dos disfraces, a música e os bailes fixeron que todos pasaramos un día xenial.

Aquí deixámosvos unha mostra fotográfica do que vivimos. Fixádevos ben nas fotos, cada cal máis orixinal.

     

    

   

     

 

 

O MEU AMIGO MAIOR

AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS

A semana pasada decidimos darlle unha sorpresa aos nosos amigos maiores.

Como estivemos a celebrar a semana da amizade, quixemos demostrarlles canto nos gustaba telos de amigos cun agasallo feito por nós.

Soamente decir: GRAZAS POR SER TAN BOS CONNOSCO!

Anterior   Seguinte

QUENTANDO MOTORES NO AULARIO DE INFANTIL…

 

Atrás deixamos a celebración do día do amor e a amizade e xa imos quentando motores para dar a benvida a unha das datas máis emblemáticas do calendario: o entroido.

A arte, a danza, a música, a gastronomía, a creatividade e a diversión danse a man nestas festas.

O xoves gozaremos da choqueirada e o venres bailaremos o chotis madrileño.

 

 

DÍA DA PAZ CO NOSO “AMIGO PEQUENO"

O luns 30 fomos á clase de Aurora para facer outra actividade do “Meu amigo maior”

Como era o día da Paz, fomos visitalos para contarlles un conto: “A bruxa Discordia”, tamén invitaron aos nenos e nenas da profe Teresa.

 

A historia trataba dunha bruxa chamada Discordia que ía facendo feitizos para que non existise a paz, porque segundo ela, a paz dáballe alerxia, pero Discordia non paraba de comer olivas.

Un día, a bruxa Discordia ía voando na súa vasoira e ocorréuselle un novo feitizo que consistía en que os animais non se deixasen, uns cos outros, ningunha pertenza.

 

De súpeto, apareceu ao lado de Discordia a fada Margarida e díxolle que non era a paz o que lle daba alerxia, se non que o que lle daba alerxia eran as olivas.

A fada Margarida desfixo o feitizo que fixera Discordia e todos os animais volveron a ser amigos.

 

Agora Discordia e Margarida van polo mundo facendo o ben.

 

A nosa profesora Conchy facía de bruxa Discordia e a profesora Aurora de fada Margarida. Tamén había tres narradores que eran Mara, Lucía García e Ángel.

 O resto dos nenos e nenas facíamos os xestos dos animais que aparecían para que os máis pequeniños o entenderan ben.

Foi unha experiencia moi divertida e os nenos estiveron moi atentos

Ao final, todos xuntos, bailamos a canción da paz.

 

Lucía Porto Vilas 6º A

 

 

 Anterior Seguinte

 

O XARDÍN DE JUANITA É DE TODOS E TODAS

“Crear es emancipar la mirada,
cuestionar la oposición entre la pasividad del mirar
y la dinámica del actuar.”  
Angélica Sátiro. FILOSOFÍA MÍNIMA. Octaedro, 2016

 

Esta parcela do horto escolar está a ser deseñada polos/as nenos/as de 3 anos dende o comezo do curso, e son eles e elas quenes deciden onde plantar e por qué. Quizais dende a nosa visión de adultos, con moita máis experiencia de vida, pode parecernos algo moi sinxelo, pero a realidade en Educación Infantil é moi distinta.

Estes 12 nenos e 11 nenas (dende cando algúns aínda tiñan 2 anos) están a facer pequenas reflexións filosóficas sobre civismo, respecto, bo humor, bo gusto, paciencia, autoestima, amor … documentando o valor do seu pensamento nas plantacións  e nun diario colectivo no que contan o proceso de creación do xardín.

Por iso pedimos colaboración a toda a comunidade educativa para a conservación e valoración deste recuncho educativo, xa que estamos a atoparnos co feito de que as plantas están a ser arrancadas. Dende a clase de 3 anos “B” desexamos que a participación neste proxecto non sexa unicamente un proceso de aprendizaxe para nós, senón a lembranza de que todos/as somos responsables do noso planeta.

MAR Santiago Arca, Xaneiro 2017

 

O MEU AMIGO MAIOR

… E CHEGOU O NADAL

Por fin rematamos  a avaliación, os controis, os traballos e chegou o Nadal!

Así que empezamos a matinar en que tiñamos que facer algo para os nosos amigos pequenos.

E mira por onde vimos un tubo de papel hixiénico baleiro e empezamos a pensar . . .

 

Un pouco de pintura verde, algo de purpurina, unhas tesoiras ... e para rematar unha pequena estrela prateada ou dourada. Xa tiñamos o agasallo!

 

Os pequenos tamén quixemos facer un agasallo para os nosos amigos maiores e isto foi o que se nos ocorreu!

 

Logo intercambiamos agasallos, felicitacións  e moitos mimos!!!

 

Incluídas as nosas profes!

Foi moi divertido ir onda eles e, entre bico e bico, recibimos un fermoso reno cunha golosina dentro! Que ben o pasamos!

 

Ao día seguinte, os pequenos fomos ver o ensaio final da obra de teatro dos amigos maiores. Estivemos moi atentos porque nos gustou moito.

     

 

 

BO NADAL E ATA O ANO PRÓXIMO!

Anterior Seguinte

 

 

Proxecto EL JARDÍN DE JUANITA…

                                                                                                                                                                                             “Una filosofía comprometida
                                                                                                                                                                                             con el encanto y la hermosura
                                                                                                                                                                                             de desear mundos mejores para vivir.”

                                                                                                                                                                    Angélica Sátiro. FILOSOFÍA MÍNIMA. Octaedro, 2016 

… do que a clase de 3 anos “B” é participe na súa parcela do horto. No pdf está á vosa disposición o boletín monográfico deste proxecto no que estamos a participar dende moitas localidades do noso planeta.

Todo o seu desenvolvemento, dende o comezo ata o remate en xuño, será compartido na súa propia páxina en facebook:

  

MAR Santiago Arca, decembro 2016

O MEU AMIGO MAIOR

25 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

AULA DOS MAIORES

O día 25 de novembro celébrase o día contra a violencia de xénero. Na clase Conchy falounos do tema.

Dende pequenos temos que saber que tanto os homes como as mulleres deberíamos ter as mesmas oportunidades, os mesmos dereitos e que ningunha debe estar por enriba.

Eu creo que esas cousas debemos aprendelas na casa e na escola.É dicir, por exemplo, na miña casa,  somos 4: o meu pai, a miña nai, a miña irmá e máis eu e dende pequenos trátannos igual e facemos as mesmas cousas e iso o fan os nosos país tamén: unhas veces pasa o ferro un, outras veces pasan a aspiradora,… as tarefas da casa son compartidas.

Pasa o mesmo cos xoguetes, deportes... tanto nenos coma nenas poden xogar ao mesmo e utilizar os mesmos xoguetes.

O malo e cando nos facemos maiores e eu non entendo o motivo: por que a túa noiva non vai poder levar minifalda ou saír cos seus amigos ou amigas? Por que non pode (ou está mal visto) conducir un camión ou xogar ao fútbol entre os chicos? Por que se lle insulta, pega e incluso chegan a matar ás parellas?

Nesta sociedade falta moito por cambiar, pero espero que pouco a pouco e entre todos, o consigamos.

Eu levo un lazo branco: acepto o meu compromiso persoal de non cometer, permitir nin silenciar a violencia contra as mulleres,

AULA DOS PEQUENOS

O venres 25 de novembro, coincidindo coa celebración do día internacional contra a violencia de xénero, a nosa clase foi á da Aurora, cos nenos e nenas de Infantil. Alí, a súa profesora  contoulles un conto: “¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?” e logo eles  contáronolo a nós respondendo as preguntas que lles facía a súa profe.

Trata dunha nena, Carlota, que está preguntándose por que ten que vestir de rosa e actuar coma unha princesa rosa si ela o que quere é facer cousas que normalmente fan os príncipes. Carlota vai falar cos seus pais, fada madriña, conselleiros...

E pregúntalles por que ela non pode facer cousas de príncipes.

Todos se dan conta de que Carlota ten razón e deciden que é unha tontería que as princesas non poidan cazar dragones e demais soños que tiña Carlota. E así, como a princesa, calquera nena pode vestir, xogar... como calquer neno: somos todos iguais e tanto uns coma outros estamos preparados para poder facer as mesmas cousas.

Creo que os pequenos entendérono á perfección!

 

Ángel Fariña Figueroa 6º A

 

Cando estivemos xuntos unimos o desexo de cada un co do seu amigo pequeno do que soñamos ser de mozos, nunha especie de atrapa soños.

 

Anterior Seguinte

Distribuir contido