EI 4º Curso, EI 5º Curso, EI 6º Curso, Educación Infantil

SOMOS COCIÑEIROS

Case se nos esquece ensinarvos por aquí un traballo que fixemos antes de rematar presencialmente o cole. Seguro que vos encanta!

Con tanta alimentación saudable, preparámonos para ser uns bos cociñeiros.

 

 

 

E preparámonos de tódolos xeitos, imos contar os ingredientes que nos fan falla.

 

 

 

 

 

anterior    posterior

 

RECEITAS PARA A CASA

Ola familias, debido a esta situación que estamos a vivir, o noso proxecto quedou un pouco parado, pero imos continuar, xa que non faltan os ánimos nin as ideas.

A continuación deixámosvos unha recompilación de ideas, algunhas delas tiñamos pensado facelas nas aulas, pero xa que non pode ser así, esperemos que vos animedes a facer algunha na casa, éstas ou outras similares.

Estamos xa en primavera, e por sorte temos moita froita rica desta época do ano.

Se alguén quere enviarnos algunha creación, pode facelo ao seguinte correo: epbinfantil@gmail.com, poñendo no asunto: receitas con froitas.

Moitos ánimos!!! Vémonos pronto!!!

 

Xa chegan os primeiros preparados artísticos con froitas...

 

unhas caras...

 

 

 

un sol...

 

 

un tren...

 

 

Qué boa pinta teñen, deben estar boísimos!!!

 

anterior     posterior

RECOMENDACIÓNS AO ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Recomendacións do profesorado de 5º de Educación Infantil ás familias.

Na seguine circular podedes ver as directrices unificadas do profesorado do 5º curso de Educación Infantil (4 anos) ante as preguntas formuladas por algunha familia.

                                                                  

CULTIVAMOS A NOSA HORTA

Imos plantar a nosa horta, e levamos todo o que precisamos para facer a nosa plantación. O carro coas ferramentas, as sementes e as regadeiras.

Xa estamos preparados para sementar.

Primeiro, retiramos un pouco a palla para ver ben onde facer os buratos para poñer a semente.

Despois, poñemos a semente en gran ou planta.

Para despois tapar con terra, a semente ou as raíces da planta, para que prenda ben.

Cando rematamos, voltamos poñer a palla para que non medren as malas herbas...

...e regamos.

Agora toca agardar a que medren, e regar de vez en cando.

Plantamos porros, allos, cenorias, brócoli morado, leitugas, rábanos, cale, acelgas, fabocas, escarola.

Así de estupendo nos medrou, e xa toca recoller os froitos do noso traballo para probalos.

Qué bos estaban!!!

anterior     posterior

 

 

ARTE CON FROITAS E VERDURAS

Giuseppe Arcimboldo foi un pintor italiano que debuxaba os seus cadros a partir de froitas, verduras, plantas e animais. Nós propuxémonos facer algo similar. Aquí podedes ver o resultado.

Iniciamos esta actividade coas láminas de Arcimboldo.

Despois comezamos coas coas nosas creacións.

Estas foron os resultados.

anterior      posterior

Entroido 2020

Este ano e como ven sendo habitual, seguimos a temática do proxecto que se está a facer no centro: comida sa e saudable

Fomos todos con disfraces relacionados coa comida, os pequenos fomos de froitas e os nosos amigos maiores, de camareiros e camareiras

E, por primeira vez, fixemos un percorrido por fora do centro, como cando facemos a volta al cole, foi moi divertido e había moita xente pola rúa animándonos. 

Logo no cole bailamos un pouco e logo degustamos os doces típicos deste tempo.

Contacontos

O profe de prácticas que estivo cos nosos amigos maiores regaloulles un libro moi bonito: La preocupación de Lucía.

Un llibro moi chulo que fala dunha nena, Lucía, que sempre estaba contenta ata que descubriu unha preocupación e a importancia que ten compartila cos demais para poder desfacerse dela.

Os amigos maiores fixeronnos un contacontos e nos convidamos aos compañeiros e compañeiras de nivel.

Foi moi bonito e entretido!

Grazas!!!!

EDUCACIÓN INFANTIL NA CASA


 

FACEMOS FROITAS E VERDURAS CON PLASTILINA

Como xa sabedes somos uns artistas, así que nesta ocasión fixemos froitas e verduras con plastilina. Por certo, sabemos como se chaman todas elas!

                                                   anterior     posterior

BATIDO DE CAMPIÓNS E CAMPIOAS!!!

Para facer esta receita eliximos as 2 froitas máis populares, plátano e o amorodo. Ademáis escollimos unha verdura que nos aporta moita enerxía, as espinacas.

Primeiro fixemos o batido coas froitas, estaba delicioso! O plátano e o amorodo son unha mestura moi saborosa, cremosa e cunha cor vermella moi bonita, a todos nos encantou!!!

Despois fixemos o mesmo batido, engadindo tamén as espinas. A cor mudou un pouco, porén o sabor era case o mesmo porque as espinacas non fan que saiba diferente. Nesta ocasión estabamos algo reticentes para probar, pero como somos moi valentes probamos e a moitos de nós encantounos. É unha forma de consumir verdura moi fácil!

anterior    posterior

Distribuir contido