Contacontos para primeiro e segundo na biblioteca do cole

Hoxe, martes 9 de abril, na biblioteca do colexio, os nenos e as nenas de primeiro e segundo coas titoras disfrutamos dunha sesión de contacontos dirixido por Iago da editorial Anaya e que é un contador de contos marabilloso.

Para primeiro o conto foi "feliz feroz" no que Iago nos fixo imaxinar unha familia de lobos feroces na que un lobiño non quere ser feroz, senón que quere ser feliz e a partir de aquí ao Lobo feroz espéralle unha dura tarefa para educar ao seu sobriño na ferocidade. 

 

Para segundo o conto foi "o lobo con botas" con lobos, gatos, xigantes e un Noé Prenas convertido nun lobiño con moita imaxinación. Lobiño Feroz é o maior admirador do Gato con Botas, a estrela infantil de moda entre os animais do bosque. Todos queren vestir o seu sombreiro, empuñar a súa espada e calzar as súas botas, algo que o tío do Lobiño aproveita para facer negocio. Xogar seguirá a ser divertido cando teñan todo o que queiran? 

Un encontro moi agradable e divertido no que, todo hai que dicilo!, os nenos e nenas leron os contos nas súas respectivas clases. Parabéns polo gusto pola lectura.  Grazas!

 

GALERÍA DE FOTOS