OS ELECTRECOS-BOLECHAS VEÑEN AO COLEXIO

 O mércores día 3, os nenos e nenas de 2º  recibimos a visita dos Electrecos Bolechas que nos dixeron que querían formar un gran equipo de reciclaxe con todos os nenos e nenas galegos para a RAEE, que é a Reciclaxe de Aparellos Electrónicos e Eléctricos e así poder defender o planeta da contaminación, do abuso dos recuros de das malas prácticas que poñen en perigo o noso medio. 

 

 Aprendimos moitas cousas e pasámolo moi ben. Ao rematar aprendimos un rap sobre a RAEE e bailamos todos e todas  ao ritmo.