ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA IVª EDICIÓN DA VOLTA AO COLE CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

 

Un novo éxito de participación do noso colexio na IVª Edición da VOLTA AO COLE contra a leucemia infantil. Preto de 645 alumnos, 46 profesores, 4 coidadores auxiliares, persoal de administración e servizos, pais e nais colaboradores, ANPA Milnenos... realizamos o pasado venres, día 26 de outubro de 2018, unha andaina ao redor do colexio en favor da investigación médica para curar a leucemia infantil.

Os alumnos foron en parellas formadas por un alumno maior e outro pequeno, que xuntos da man, fixeron a pé o percorrido ao redor do noso colexio. Ao chegar ao centro xuntámonos todos na fachada para pronunciar en voz alta o lema: "somos uno entre cien mil".

A recaudación obtida de 1.237,65 €  irá destinada á Fundación Unoentrecienmil

  

 

GALERÍA DE IMAXES DA VOLTA AO COLE

 

A Volta ao Cole nos medios de comunicación:

 LA OPINIÓN

A CORUÑA

"Cuatro colegios corren contra la leucemia infantil" 

"Marcha solidaria en el colegio Emilia Pardo Bazán por la investigación de la leucemia infantil"

Diploma de participación:

AdxuntoTamaño
diploma leucemia.pdf281.91 KB