Skip to Content

ALVARELLA 2017 - VIAXE FIN DA PRIMARIA

Castelo de Andrade

 

O alumnado de sexto curso de educación primaria realizou a súa Viaxe Fin de Primaria ao Albergue de Ecoturismo: ALVARELLA situado na localidade de Doroña, no concello de Vilarmaior (A Coruña), os días 14, 15 e 16 de xuño de 2017.

Nesta actividade participou a meirande parte do alumnado dos tres grupos de 6º curso de educación primaria, que ao longo dos tres días participou  nunha inmersión coa natureza e a historia medieval máis singular. Rutas de senderismo polas Fragas do Eume e paisaxes do concello de Vilaramaior puxeron a proba a condición física do noso alumnado. Días de convivencia, colaboración e aprendizaxe nunha contorna natural deixarán lembranzas imborrables.

As imaxes desta viaxe pódense contemplar na galería desta web a través do seguinte enlace: ALVARELLA 2017



page | by Dr. Radut