Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2017

Este ano, para conmemorar a celebración das LETRAS GALEGAS 2017, desenvolvéronse as seguintes actividades:

 * Murais de EP e EI, coa participación de todo o alumnado e profesorado.

        

 

* Actuacións de 6º (EI): 

- Obra de Teatro: "A mellor sopa do mundo"

- Rap da Lingua: "Carlos Casares"

- Adaptación ao galego do tema "La Tormenta" do grupo Sidecars co título: "A Primaria".

 

 

 

 

 * O martes, 16 de maio, celebramos o acto das Letras Galegas: elaboración dun "MAIO", coa colaboración do equipo de Horto, e a interpretación de danzas e coplas típicas do noso folclore por parte do alumnado de 4º e 6º de EP. Rematamos o acto cando o gaiteiro tocou unha peza para o agarrado, en parellas. Foi un acto moi vistoso e diferente para o alumnado.

* Posta en escena da obra de Carlos Casares: "O can Rin e o lobo Crispín" no teatro xaponés de papel Kamishibai. (Alumnado de neae).

* Entregouse un pequeno agasallo (marcapáxinas) ao alumnado, persoal docente e non docente, grazas á colaboración do Seminario Galán.

 

 

 

     * PRÓXIMAS ENTREGAS:

 

    - Estamos a ultimar a publicación da Revista Dixital: "Edición Especial: Carlos Casares", que sairá a mediados do mes de xuño.

 

      - LIP-DUB: "Carlos Casares en busca das letras", xa está no forno!!!!!. A estrea farase como colofón Fin de curso escolar.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut