XORNADAS DE ATENCIÓN ESCOLAR AO ALUMNADO CON ASMA E A ALERXIA ALIMENTARIA

O día 30 de novembro de 2016 tivo lugar no CEIP Emilia Pardo Bazán unha xornada formativa dirixida ao profesorado e persoal de atención complementaria, sobre "ATENCIÓN ESCOLAR AO ALUMNADO CON ASMA E  ALERXIA ALIMENTARIA". Na citada actividade tivemos a sorte de contar con dous especialistas na temática:

* Dona Susana Zas Rey, representante de AEPNAA (Asociación Española de Persoas con Alerxias a Alimentos e Látex).

* Don José D. Moure González, pediatra da Unidade de Alerxia e Neumoloxía Pediátrica do CHUS (Complexo Hospitalario de Santiago).

Na formación participaron ao redor de 20 docentes e PAC do noso centro e outros centros invitados. Durante o desenvolvemento da xornada os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer as problemáticas que afectan ao alumnado con asma e intolerancias alimentarias, así como practicar a administración de inxeccións de adrenalina para os casos que o precisen.

 

AdxuntoTamaño
Integración alumnos con alerxia e asma C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán.pptx784.21 KB
CEIP Emilia Pardo Bazán 2016.ppt9.29 MB