Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25N)

A violencia de xénero foi e segue sendo un delito invisible, oculto en demasiadas ocasións.  É por iso que cada 25 de novembro ten lugar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cos obxectivos de concienciar e erradicar este grave problema que é unha secuela para a sociedade. 

Nunha conversa xurdida nunha reunión con pais e nais do alumnado de 5º curso de primaria, estes amosaron a súa preocupación polo interiorizado que teñen, sobre todo as nenas, o permitir que o seu saúdo sexa un insulto ou un pequeno golpe.

Por este motivo aproveitamos esta data (25N), Día Internacional contra a Violencia de Xénero, pàra que na mediada do posible, o alumnado tomer conciencia deste erro e adecúe o seu comportamento habitual para erradicar esta lacra que produce un número moi elevado de mortes cada ano.

Pedímoslles que cada clase de 5º/6º curso de primaria pensase nunha palabra que completase a frase: "Non permitas que..." para poñer no noso mural. E este foi o resultado.