CELEBRACIÓN DO MAGOSTO 2015

 

 

Mural_magosto_primaria Mural_Magosto_Infantil

 

O venres, día 6 de novembro de 2015, celebramos no colexio a Festa do Magosto. O sol acompañounos durante toda a xornada permitindo a realización das actividades programadas para o alumnado.

Á primeira hora da mañá os mestres Antonio e José Antonio montaron as parrillas para o asado tradicional das castañas, coa colaboración de varias nais voluntarias e algún membro da xunta directiva da ANPA Milnen@s.

En tanto o lume daba boa conta da leña e o carbón, as nais axudaron ao picado das castañas que o precisaron.

Á media mañá o alumnado de primaria participou nos xogos organizados polos Equipos de Dinamización Lingüística e de Actividades Complementarias: 

  • Raia con castañas.
  • Mariola con castañas.
  • Encestar castañas.
  • Relevos con castañas.
  • Equilibrio con castañas.
  • Carreiras de sacos con castañas.

Mentres o alumnado de infantil degustaba as castañas asadas recibiu a visita da "castañeira".

O alumnado de primaria repartiuse en dúas quendas e mentres uns xogaban  outros comían castañas asadas.

Se queredes ver algunhas imaxes da celebración botádelle unha ollada aos seguintes enlaces:

Fotos ANPA Milnen@s

Fotos CEIP Emilia Pardo Bazán