ALERTA METEOROLÓXICA

A Axencia Estatal de Meteoroloxía, no seu boletín nº 45/71GAL_C_RN_TT, e Meteogalicia, alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, durante o día 16 de setembro de 2015 dende as 00.00 h ata as 15.00 h, por fortes rachas de vento que afectarán a toda a Comunidade.

A Comisión Escolar de Alertas acordou a SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES NO EXTERIOR DAS INSTALACIÓNS dos centros educativos situados nos concellos da Comunidade, con seguimento das condicións climáticas.