DATAS DE ENTREGA NO COLEXIO DO MATERIAL ESCOLAR

 

O presente aviso vai dirixido exclusivamente ás familias do alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º cursos de Educación Primaria. O resto do alumnado traerá o material didáctico e libros nos primeiros días de clase.

Aos efectos de facilitarlle ás familias a entrega do material didáctico e libros de texto aos respectivos titores/as establécense as seguintes datas e horarios: 

     Venres, 4        12:00 - 13:30 h.
Luns, 7  12:00 - 13:30 h.
Martes, 8 12:30 - 13:30 h.

Nestas datas e horarios as familias do alumnado poderán facer entrega do citado material directamente nas aulas dos seus fillos e fillas, contando coa colaboración do persoal de conserxería. 

Os materiais terán que estar debidamente identificados co nome do/da alumno/a tanto na bolsa coma nos libros e cadernos.