4º Educación Infantil (3 anos): Excursión de fin de curso á Casa do Queixo en Sobrado dos Monxes

05/19/2014 09:00
05/19/2014 17:00
Europe/Madrid

 

Estimadas familias: 

O  vindeiro  luns,  19  de  maio,  os/as  nenos/as de 4º de Educación Infantil (3 anos) van facer a  excursión  de fin  de  curso á  Casa do Queixo  en  Sobrado dos Monxes, onde pasarán  o  día.  Esta actividade ten  un  custo  de  24 €  (entrada  e  autobús)  que  deberán entregar á titora entre o 12 e 16 de maio. Para ese día, terán que traer roupa cómoda, gorra/chuvasqueiro (segundo o tempo), unha  mochila coa comida  e calzado pechado  e sen cordóns. Aos nenos/as que fan uso de comedor habitualmente este día da semán (luns), proporcionáraselles a comida. 

A hora de saída  será ás  9:00 no  patio cuberto, facendo filas, e a hora de chegada será aproximadamente ás 17:00 (recollida  no patio cuberto de infantil).  

Agardamos que sexa unha actividade de lecer para os nenos/as e a gocen. 

Grazas pola vosa colaboración. 

O profesorado de Educación Infantil.