FOLGA NO ÁMBITO DO ENSINO PÚBLICO E CONCERTADO

 FOLGA NO ÁMBITO DO ENSINO PÚBLICO

Xoves, día 9 de maio de 2013

 

 

    As organizacións sindicais Federación de Enseñanza CCOO (FECCOO), Federación de Trabajadores de la Enseñanza de UGT (FETE-UGT), STEG comunicaron a convocatoria dunha folga contra a LOMCE (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa) para todo o persoal docente e non docente de todas as administracións educativas e de todos os niveis educativos, a todo o persoal de administración e servizos de todas as administracións e niveis educativos, a todo o persoal docente e investigador de todas as universidades públicas, a todo o persoal de administración e servizos de todas as universidades públicas, a todo o persoal docente e non docente do ensino concertado, monitores de comedor e outras actividades en centros públicos e concertados, persoal de atención educativa ou asistencial externalizado e persoal das escolas dependentes da Administración local. A folga desenvolverase desde as 00.00 horas ás 24.00 horas do día 9 de maio de 2013.

       Neste centro a folga será secundada polo 70,83 % do profesorado e polo 33,33 % do persoal non docente.

    Como consecuencia, os citados anteriormente, NON ESTARÁN ESE DÍA NO CENTRO para atender aos vosos fillos e fillas.

    Ademais do profesorado, persoal non docente e de conserxería que non secunda a folga, estarán no centro, a coidadora auxiliar de alumnado con n.e.a.e e un membro do equipo directivo en cumprimento da lexislación vixente.


COMO VAI FUNCIONAR O CENTRO O XOVES, DÍA 9 DE MAIO?

     O profesorado que non secunda a folga atenderá, preferentemente, ao alumnado das súas titorías.

     O resto do alumnado que acuda ao centro, será “atendido” polos servizos mínimos establecidos e polo profesorado que non secunda a folga  e a súa organización dependerá do nº de alumnos/as que asista. En calqueira caso, dado que o seu profesorado non estará no centro, non poderán recibir a docencia habitual.

 

A Coruña, 8 de maio de 2013

 

A DIRECCIÓN