ESCOLARIZACIÓN

Á ATENCIÓN DAS NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS

DO ALUMNADO DE SEXTO CURSO

DE EDUCACIÓN PRIMARIA DESTE CENTRO

 

 

De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 17 de marzo de 2007 (DOG do 19) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolles o seguinte:

 

1.- O CEIP Emilia Pardo Bazán está adscrito ao IES Salvador de Madariaga.

2.- O noso alumnado ten prioridade para matricularse en dito instituto por diante daquel alumnado que proceda doutros centros non adscritos.

3.- As familias que desexen matricular aos seus fillos/as no IES Salvador de Madariaga deberán presentar no mesmo, entre o 1 e o 15 de febreiro, o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta a este escrito Anexo I da Orde do 17 de marzo de 2007).

4.- O alumnado de sexto curso deste Centro que, de acordo co dito anteriormente, non faga no prazo establecido a reserva de praza no citado instituto, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentado no IES da súa preferencia, do 1 ao 31 de marzo, o documento que se publica como Anexo II da citada Orde do 17 de marzo, modelo de impreso que se poderá retirar na Secretaría deste Centro a partir do día 1 de marzo de 2012.

 

A Coruña, 1 de febreiro de 2012

A DIRECCIÓN

AdxuntoTamaño
anexo1.pdf62.65 KB