AULAS ABALAR NO CEIP EMILIA PARDO BAZAN

 

        En  breve o CEIP Emilia Pardo Bazán contará nas aulas de 5º curso de educación pr imaria do equipamento das Aulas Abalar. Na semana anterior á ponte de Tódolos Santos, os técnicos das empresas responsables da instalación e montaxe das aulas Abalar estiveron traballando no noso centro.

    Os encerados interactivos SMART Board, os proxectores de curto alcance, os portátiles do profesorado, os netbooks do alumnado e os carros de carga e almacenamento xa están case preparados para o seu uso. Cada aula contará cunha conexión wifi-Abalar que interconectará todolos equipamentos á rede Abalar e tamén co servidor do propio centro. Da posta en funcionamento do servidor se encargarán técnicos da Unidade de Atención en Centros.

       A fin de aproveitar o equipamento Abalar e os recursos TIC do centro, o profesorado do noso centro participará ao longo do curso escolar 2011-2012, nun Proxecto de Formación en Centros.