Presentación da autora Ana Alcolea do seu libro "EL RETRATO DE CARLOTA"

Ana Alcolea estivo no noso centro para presentarnos a súa obra "EL RETRATO DE CARLOTA"

O alumnado de sexto estivo disfrutando coa lectura e moito mais coa súa presentación que foi moi interesante. Estamos encantados tendo o noso libro asinado pola autora.

Moitas grazas Ana.   Galería de fotos.

 

XUNTARTE 2019

Despois dun grande esforzo e de tantos ensaios por fin chegou o día de presentar o estupendo traballo que foi como representación do noso centro a XUNTARTE 2019. Moitas grazas a todas as alumnas e alumnos que participaron bailando, cantando ou como instrumentistas e por suposto aos docentes que os prepararon. Galería de fotos.

Boa mostra do traballo pode ser apreciado coa actuación da danza africana SI SI KUMBALE.

Unfragmento das danzas comúns:

 

DÍA DA PAZ 2019

O alumnado de infantil celebrou o Día da Paz coa canción escollida este ano que foi a de María Fumaça "Ven comigo".

 

Visita aos bombeiros

Os nenos e nenas dos cursos de 2º, acompañados polas súas titoras Isi, María José e Dolores visitamos o Parque de Bombeiros da Coruña dentro do programa educativo municipal "Coruña de Aventuras"

Unha saída na que aprendemos moitas cousas sobre este traballo que ademáis de adicarse a apagar incendios tamén ocúpanse de emerxencias como os accidentes de tráfico, vertidos químicos, inundacións e situacións de rescate, as veces de animais.

Os bombeiros que están "de garda" traballan nas estacións de bombeiros, onde pasan o tempo entre a chamada de espera dedicándose ao mantemento dos camións de bombeiros, á comprobación do equipo...

Todos nós subimos nos camións de bombeiros, escoitamos sireas, collemos a mangueira, fomos ao ximnasio, estivemos na cociña, na clase onde lles dan as instruccións para o día...

Pasámolo moi ben!

GALERÍA DE FOTOS

 

FESTIVAIS DE NADAL

Xa temos os primeiros froitos dos festivais de Nadal.

Unha mostra coa obra de teatro. https://vimeo.com/310652139/f40b1844bf

GALERÍA DE FOTOS

 

 

 

NADAL SOLIDARIO

Co gallo das festas de Nadal fixemos no colexio unha recollida de alimentos entre os días 4 e 14 de decembro no que participou toda a comunidade educativa. Todos os produtos irán ao Banco de Alimentos.

Os produtos recollidos figuran no seguinte documento .

Ver galería de fotos.

VISITA A SANTIAGO

O día 11 de decembro o alumnado de 6º de primaria de relixión católica e evanxélica, xunto coas súas profesoras, visitaron en Santiago de Compostela a exposición "Belenes del mundo". Está composta por máis de 300 beléns de todas as partes do mundo. É unha manifestación dos costumes deses países e da universalidade do cristianismo. Aproveitando a ocasión fomos visitar tamén o belén da Catedral de Santiago, un dos máis grandes de Galicia. e ademáis puidemos darlle unha aperta ao Apóstolo Santiago.

Na praza da Inmaculada, na Hospedería estaba exposto o belén da "Cofradía de la Humildad" que nos invitaron a visitar. Unha saída que nos levou a viaxar a todas as partes do mundo a través do nacemento de Xesús. ¡Bo Nadal!

Ver galería.

Distribuir contido