Skip to Content

ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS E SAÍDAS DO COLEXIO - OBRAS DE MELLORA DOS ASEOS NO PATIO CUBERTO DE PRIMARIA

Estimados pais:

 O vindeiro luns día 23 de abril de 2018, darán comezo os obras de mellora e acondicionamento dos aseos do alumnado no patio cuberto de educación primaria. Con tal motivo as entradas e saídas do alumnado de educación primaria realizaranse do seguinte xeito:

* ENTRADAS (8:50-9:10 h.):

Todo o alumnado de educación primaria entrará no colexio pola fachada principal, empregando as portas situadas no lado esquerdo ao carón da porta da biblioteca e conserxería, dirixíndose directamente ata o patio cuberto traseiro, onde formarán as filas por curso e grupo.

O resto do alumnado de educación infantil continuará entrando como ata agora, seguindo os accesos situados entre a liña amarela e o valado do recinto escolar.

* SAÍDAS (14:00-14:10 h.):

A recollida do alumnado de educación primaria realizarase ao igual que ata agora. O alumnado de 1º-2º cursos será recollido polos seus familiares no patio cuberto. O resto dos cursos sairán pola porta principal do colexio. As familias do alumnado de 1º-2º cursos deberán rodear o edificio de educación primaria ata chegar ao patio cuberto empregando o acceso pola parte traseira do colexio, realizando o camiño de volta polo mesmo acceso acompañado dos seus fillos.

O alumnado que asista ao comedor escolar formará filas no Salón de Usos Múltiples como ata agora, pero a saída cara o comedor realizarase polas portas da fachada principal.

* SAÍDAS DO COMEDOR ESCOLAR (16:00 h.):

O alumnado que asista ao comedor escolar esperará no patio cuberto de primaria a chegada dos seus familiares, que deberán rodear o edificio de educación primaria ata chegar ao patio cuberto empregando o acceso pola parte traseira do colexio.

USO ALTERNATIVO DE ASEOS

Durante o tempo que duren as obras o alumnado empregará durante o horario lectivo os aseos de cada un dos andares do edificio de primaria antes e despois do recreo baixo a supervisión do profesorado.

Durante o horario de comedor escolar o alumnado empregará os aseos situados no aulario infantil ao carón do comedor escolar baixo a supervisión dos monitores de comedor.

Esperamos contar coa súa colaboración cumprindo as normas establecidas. 

A Coruña, 19 de abril de 2018

A DIRECCIÓN

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO ESCOLAR 2018-2019

O Consello Escolar do centro aprobou o día 16 de abril de 2018 a publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos no procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2018-2019.

 

VER LISTAXES DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

CREANDO CONCIENCIA ECOLÓXICA CO XARDÍN DE JUANITA

“Filosofar es abrir el pensamiento a un ejercicio continuo

de interacción con uno mismo, con el otro y con el mundo”.

Angélica Sátiro. FILOSOFÍA MÍNIMA. Editorial Octaedro.

Como o xardín quedou creado durante o curso pasado, agora estamos a ocupalo como un lugar onde dialogar reflexivamente sobre o clima, xa que moitas novas sobre o tema ocuparon as portadas dos xornais: lumes, inundacións, alertas de vento e moito, moito frío.

Todo o vemos dende a nosa proximidade, agudizando a mirada tamén nos paseos dende o aulario ata a nosa parcela do horto.

Ademais estamos a ter a sorte de poder dar a coñecer o noso proceso creativo grazas a diferentes medios de divulgación como o programa radiofónico “El Puente” de Colombia ou no recente Congreso Iberoamericano de Filosofía para nenxs de Girona. Neste encontro, a filosofa e pedagoga Angélica Sátiro presentou o seu libro “Ciudadanía creativa en el jardín de Juanita” que recolle, nun dos seus capítulos, a nosa experiencia xunto a outras de Mallorca, Almería e Colombia.


Moi próximo o remate do curso, xa temos en mente moitos novos desexos para desenvolver no vindeiro.

MAR Santiago Arca, abril 2018

 


 

ACUARIO SOBRE RODAS

O mércores día 11 de abril, o Acuario Finisterrae fíxonos unha visita.

Trouxeron un tanque cheo de peixes e animais mariños procedentes da nosa costa: rodaballos, quenllas pequenas, estrelas, cabaliños, mexillón, vieiras,...

Contáronnos moitas cousas interesantes, e.... ademais puidemos xogar con eles. 

Foi estupendo!

VER FOTOS DA ACTIVIDADE 

 

ENCONTROS CO AUTOR: ANA ALONSO

 

A biblioteca do noso colexio acolleu a pasada semana un encontro coa autora ANA ALONSO, autora do libro titulado Marea Negra e no que participou o alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria. A escritora con este libro profundiza na importancia no mundo dos ecosistemas e do desenvolvemento sostible.

 

"SANNIFIESTA"

 

O proxecto "Come Rico. Vive San", promovido por Vegalsa-Eroski para fomentar a alimentación e os hábitos de vida saudables entre os máis pequenos, organizou o día 5 de abril de 2018 unha Sannifiesta no Colexio CEIP Emilia Pardo Bazán, na que participaron 73 escolares de cuarto de primaria. O programa ‘Come Rico, Vive San’ enmárcase no proxecto nacional ‘Prevención de la Obesidad. Aligera tu Vida’

O chef, estrela Michelín, Luís Veira do restaurante coruñes "Árbore da Veira" e o seu equipo, foron os encargados de impartir o taller de cociña que levou a cabo xunto cun taller de nutrición e outro de actividade física.

Ademais, a compañía instalou no colexio a Exposición "Come rico, vive san", na que, a través, dun percorrido por diferentes paneis, e guiados pola Sannimascota, os alumnos poden reforzar visualmente os temas tratados en clase.

 

"INFORME DE LA SANNIFIESTA"

La semana pasada, los alumnos de cuarto vivimos en el colegio uas jornadas de "Alimentación y Hábitos de Vida Saludable". Estas jornadas tuvieron como broche final una fiesta con música, baile y talleres de nutrición y cocina que tuvieron lugar en el patio y en el gimnasio del antiguo colegio de infantil el jueves 5 de abril.

Salimos de clase a las nueve y veinticinco y llegamos allí a las nueve y media. El día estaba soleado y la temperatura era agradable. Nada más llegar entramos en el gimnasio donde dos monitores nos estaban esperando. Primero hicimos una serie de ejercicios para calentar los músculos. Luego nos repartieron en dos grupos y nuestra monitora nos fue enseñando a bailar una coreografía. Cuando ya nos la sabíamos todos, nos volvieron a juntar y la bailamos todos juntos. Las monitoras dijeron que nos había salido muy bien. Después salimos del gimnasio y fuimos al taller de nutición. Allí había varias piezas de cartón con alimentos dibujados que había que colocar en el Plato de Harvard. Cuando los colocamos, vino la monitora y lo revisó para ver si estaban todos bien, y había algún error pero la monitora nos dijo que no pasaba nada. A continuación fuimos al taller de cocina. Allí nos repartieron un petate con un delantal y un gorro de cocinero que nos tuvimos que poner. Nos volvieron a repartir en dos grupos y lo primero que nos dieron fue un zumo para oler. Todos le dijimos que olía a fresa y el monitor nos mandó probarlo. Resultó no saber a fresa y nos dijo el ingrediente secreto: la remolacha. A la mayoría les gustó. Luego nos repartió un trozo de pastel para emplatarlo. Cuando terminamos nos dejó probarlo y según mis comapñeros estaba muy rico, yo no podía tomarlo y me dieron pan y chocolate. Después nos dieron una especie de batido que olía a chocolate, pero no era chocolate, era queso y por encima chocolate. Finalmente, vovimos al gimnasio para bailar todos juntos la coreografía. La bailamos un par de veces y luego nos despedimos y nos fuimos a clase.

Andrés Lesta Cambón - 4ºB

 

GALERÍA DE IMAXES

LEMBRANZA DE MATEO

O día 15 de marzo de 2018 tivo lugar no Salón de Usos Múltiples do colexio un emotivo acto en lembranza do noso alumno MATEO V. G.

Participou o alumnado de 4º, 5º e 6º cursos de educación primaria, xunto co profesorado, dirección, persoal non docente, pais e nais do alumnado e coa presencia dos pais de Mateo.

O desenvolvemento do acto foi o seguinte:

* Presentación e saúdo do Sr. Director do colexio.

* Lectura de distintos traballos que recordaron como era Mateo.

* Contos coa descripción e narración de disitintas vivencias dos nenos co seu compañeiro.

* Lectura do seu último traballo feito na clase.

* Canción homenaxe do alumnado de 4º curso.

* Saída ao patio de tódolos asistentes escoitando unha fermosa canción de esperanza.

* Plantación no patio da "árbore de Mateo".

* Solta de pombas.

Agradecemos a tódolos participantes, especialmente aos pais de Mateo V. G., a súa colaboración nesta lembranza.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut