Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Mércores Xuño 14, 2017 »
Mér
Start: 06/14/2017 09:14

O profesorado de Primeiro e Segundo nivel de Educación Primaria comunican que a saída de Fin de Curso ao Centro de Turismo Ecuestre de O Ventoso en Laracha, realizarase segundo o seguinte calendario:

mércores, 14 de xuño: 2º A e 2º B
xoves, 15 de xuño: 1º A e 1º C
venres, 16 de xuño: 1º B e 2º C

O importe desta actividade (visita e transporte) é de 19 euros, que pedimos con antelación para confirmar a reserva.

O alumnado virá ao colexio ás 9:00 h. de mañá como todos os días. Sairemos do centro hacia as 10:00 h. e regresaremos sobre as 17:00 horas.

A visita terá a seguinte planificación:
-Chegada
-Presentación e formación de grupos
-Actividades da granxa: animais, horta e cultivos e equitación.
-Merenda
-Reanudación das actividades da granxa.
-Comida
-Visita aos muíños
-Despedida.

RECORDAMOS:
- Levar roupa e calzado cómodo (deportivos, non sandalias), porque faremos unha pequena ruta para visitar os muíños de auga.
- Levar gorra e poñer crema solar na casa.
- Levar algo para tomar a media mañá (como traen para o recreo) e comida e bebida para xantar. Os alumnos que van a comedor terán á súa disposición unha bolsa de picnic para o xantar.
- Que non leven cartos porque alí non hai nada para mercar.

 

Os/As titores/as

Distribuir contido


by Dr. Radut