blogue dediall

Titorial de montaxe do mBot

Documento co que podedes seguir o proceso de montaxe do mBot. En clase teredes un exemplar impreso, pero se queredes familiarizarvos coa montaxe ou montar o voso en casa esta guía axudaravos.

 


Preparados?

Videotitorial mBot

Neste vídeo ensinamos a construción do robot mBot que será un dos robots cos que traballaremos neste curso e que veremos en clase para que saibades como montalo.

 

Estades xa preparados?

Robots en familia

O próximo venres 15 de de decembro ás 12h. acudirán ao centro os pais de Pablo, alumno de 4º de E.P., para explicarnos na charla titulada "Robots: Que? Como? Cando?" a presenza dos robots na nosa vida diaria e a importancia da aprendizaxe dunha nova linguaxe, que nos permitirá comunicarnos dun xeito diferente.

Este encontro está dirixido ao alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria e desenvolverase no SUM.

Agradecemos a colaboración das familias no desenvolvemento desta actividade e agardamos que moitas máis se animen a participar desta iniciativa.

Agardámosvos!

Distribuir contido