O día 30 de xaneiro, no centro escolar celebramos o día da paz. Para iso, fixemos varias actividades, que traballamos previamente.
As actividades realizadas foron as seguintes:

  • Invención de frases positivas sobre distintos temas: o amor; alegrar os días; a educación; a cooperación e compartir; a superación de obstáculos na vida; as aprendizaxes para o futuro; e o perdón. Estas frases fixéronas nos tres idiomas (unhamaneira, de traballar o plurilingüismo no noso centro)
  • Búsqueda sobre o que é o día da paz. Así, cada curso buscou información sobre este tema e fixeron debuxos e símbolos relacionados: Por qué se celebra o día 30 de xaneiro, o día da paz?; Quen era Ghandhi?; Que son os premios nobel?, citar algún dos máis coñecidos; Que valores son importantes nunhapersoa e que están relacionados coa paz?,….
  • Contacontos: o día 29, algúns alumnos/as do instituto “Val do Asma”, viñeron o noso centro a contarlle os alumnos/as de infantil varios contos relacionados coa paz. Os contos son os seguintes: “Rirme contigo. Nunca de ti”, “A man dereita e a man esquerda”, “Beltzi e Blanc”, “Por qué chora o sauce, por qué” e “Mikeltxo”. O día 30, volveron vir ao colexio, para contarlles un conto os alumnos/as de toda primaria. O conto titulábase: “Unha luva vermella sobre o pastel”.

Queremos dar as grazas dende aquí, por compartir este día con nós, e por vir a contarnos contos educativos.

As mestras de inglés prepararon a canción de Imagine cos alumnos/as de 3º curso a 6º de Primaria e fixeron un mural sobre a paz.

O día 30 de xaneiro tamén tivo lugar un pequeno acto na aula de música, na que hubo a seguinte programación:

-    Conto interpretado polo alumnos/as de 4º de ESO do instituto “Val do Asma”
-    Interpretación da canción Imagine polos alumnos/as de 3º a 6º curso
-    Lectura por parte dos alumnos/as da investigación levada a cabo sobre o día da paz.
-    Interpretación por todo o colexio da canción de mamá cabra, “Mola cantidade”


https://www.youtube.com/watch?v=K4JormQGfUc
https://www.youtube.com/watch?v=7FX4D1jU2m8
https://www.youtube.com/watch?v=wqQVmiZj7Xk
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesvalasma/node/1382
https://p.facebook.com/story.php?story_fbid=2491892551037563&id=1729680337258792
https://p.facebook.com/story.php?story_fbid=2491227597770725&id=1729680337258792


Álbum: CURSO 2018-2019 -> Día da Paz

Tags: Día da Paz, A. C. E.