Este ano, os alumnos/as do centro participaron en varias actividades realizadas para conmemorar esta festividade. Así, entre outras actividades realizadas dentro das aulas:

•Crearon a cidade dos monstruos, onde cada alumno/a do centro creou o seu propio monstruo.
•Deseñaron a súa cabaza, axudados pola súas familias. Dar as grazas dende aquí as familias pola participación nesta actividade.
•E por último o día 31, contaron contos e cantaron para todos os alumnos/as do centro. Así, as cancións e contos interpretados son os seguintes:

•Canción en inglés (1º, 2º e 3º de Primaria): Trick or treat
•Conto 1º ciclo de Primaria: A bruxa regañadentes
•Conto 3º de Primaria: O dragón
•Canción en inglés (4º, 5º e 6º de Primaria): The three scarecrowns
•Conto 4º de Primaria: A pantasma da torre
•Conto 5º de Primaria: “Carabuñas o que nunca corta as uñas”
•Canción en galego: O Samaín de Mamá Cabra (por todo o colexio.

 

 

www.facebook.com/televintechantada/videos/512000172651344

www.facebook.com/televintechantada/videos/324517261664440

Tags: O Samaín