You are hereAs tres R / Entroido

Entroido


Máscara do entroido ribeirao sticky icon

No entroido deste ano, no colexio traballamos o entroido da nosa zona, o Ribeirao.

Así, a parte de ver vídeos e coñecer como se produce, fixemos os traxes típicos. Os alumnos/as de 3º Primaria realizaron a máscara do Maragato, personaxe típico deste entroido. Para iso, reutilizaron papel de periódico.

Entroido sticky icon

Este ano no noso centro escolar buscamos a posta en valor do noso patrimonio cultural, “O ENTROIDO RIBEIRAO”.

Para isoprogramáronse diversas charlas, que foron impartidas por persoas propias da asociación, nas que nos explicaron en que consistía esta tradición e como se realizaban os traxes.

A continuación os alumnos/as xuntocosmestrespuxéronse a confeccionar os traxes e a traballar nos “oficios”. Naactividade de confección de puchos participaron activamente un grupo de pais e nais.
Na elaboración das flores dos puchos utilizouse papel de periódico e tanto nos oficios como nos traxes de maragatos utilizaron roupa que reutilizamos.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar