You are hereEducación Primaria / Viaxes didácticas E.P.

Viaxes didácticas E.P.


Viaxe didáctica a Ourense sticky icon

O venres, 13 de xaneiro, os alumnos de 4º, 5º e 6º de E. Primaria desplazáronse a Ourense para realizar distintas actividades:

  • Patinaxe na pista de xeo ubicada no centro comercial "Pontevella" (Alumnos de 5º e 6º).
  • Visita á exposición: "Na procura do pasado. Orixe e evolución da arqueoloxía en Ourense", na sala de exposicións Afundación Ourense. (Alumnos de 4º).
  • Asistencia á representación teatral en lingua inglesa" "Freaky", no Auditorio Municipal de Ourense. (Alumnos de 4º, 5º e 6º).

Aquí podes ver a presentación dalgunhas instantáneas realizadas na viaxe, e máis abaixo tes un acceso ao Álbum:

Álbum

 

Viaxe didáctica ao Belén de Begonte sticky icon

Os alumnos/as de 1º e 2º curso de Primaria viaxaron o día 16 de decembro a Begonte para ver o seu Belén.
Trátase dun Belén que ten vida propia, e no que aparecen distintas figuras animadas realizando distintos oficios tradicionais galegos.

Pincha na imaxe inferior para ver a presentación da visita.

Álbum

Podedes consultar máis información sobre o Belén neste enlace.

 

VIAXE DIDÁCTICA FORTALEZA SAN PAIO sticky icon

O xoves, 24 de novembro, os alumnos de 3º e 4º de E. Primaria realizaron unha viaxe á Fortaleza de San Paio, en Friol.a

Pincha para acceder ao album de fotos

A Fortaleza foi adquirida pola Deputación Provincial no ano 1939 e no 1983 abre as súas portas coma Museo Etnográfico e da Historia, sendo obxecto dunha última reforma no ano 2003.

O Museo está composto por tres corpos (Torre da Homenaxe, corpo central e torreón) e unha capela exterior.

A planta baixa acolle diferentes coleccións relacionadas coa agricultura e cos oficios tradicionais (cesteiros, zoqueiros...) Nas cortes dos cabalos instaláronse cadeiras de man e de montar a cabalo e na adega móstranse os elementos propios desta dependencia (pelellos, prensadores de uvas, medidas de viño...)

A primeira planta componse dunha cociña na que se encontran tres elementos da construcción primitiva : a lareira, o forno e o servizo hixiénico, ademais de mobiliario típico da cociña galega, cerámica, ferros de pasar, etc.; un salón cunha gran ventá con “parladoiros” e unha cheminea renacentista; a sala do tear; un escritorio e un dormitorio.

O primeiro e segundo piso da Torre da Homenaxe albergan as coleccións de armas brancas e de fogo, destacando unha armadura de placas de hasta, outra de guerreiro samurai, dagas, machetes, espadas, revólveres de percusión, de tambor ou de chispa, fusís, canóns, etc.

No terceiro piso sobresae a cheminea renacentista que Vasco das Seixas mandou construír no século XVI, decorada a base de elementos zoomorfos e fitomorfos.

A capela, de planta cuadrangular, foi construída no século XVIII e ten un retablo do XIX con diversas imaxes populares.

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar