You are hereAs tres R / Papeleiras
Papeleiras
Novas papeleiras no patio
Grazas o Concello de Chantada, contamos con novas papeleiras no noso patio escolar. Esto, era unha necesidade, xa que eran moi escasas. Polo que, desde a escola pedímola só Concello e rápidamente puxéronse en contacto con nós e viñeron a poñelas no patio. Desde aquí, queremos das as grazas por esa rápida atención que tiveron con nós.
As papeleiras do patio son de dous tipos, o primeiro a papeleira xenérica, o colector verde oscuro, a onde van todos os restos que non se reciclan; a outra é a amárela (ten un cartel amárelo), a de envases lixeiros. Consideramos necesarias estas dúas papeleiras, porque nas merendas é o lixo que se forma no patio.
Papeleiras
Xa contamos con papeleiras de cartón
Dende esta semana xa contamos con papeleiras de cartón en cada clase. Para facer estas papeleiras, reutilizamos as caixas de cartón dos folios. Fixemos dúas papeleiras, unha que pon “REUTILÍZAME”, onde meteremos todos os papeis que aínda podemos utilizar de novo; a outra é a de “RECÍCLAME”, onde meteremos todos os papeis e cartóns que xa sexan para reciclar.
Ademais, nas aulas de Infantil, tamén contamos con papeleiras de envases lixeiros. As papeleiras tamén foron reutilizadas, pois eran uns cubos dunha panadería que se utilizaron como papeleiras.
Estas papeleiras puxéronse só nas aulas de Infantil, porqué os nenos/as merendan na aula.