CHARLA DA CAMPAÑA "OPORTUNIDADES GALICIA. SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR" sticky icon

O día 25 de xaneiro tivemos moita sorte no noso centro, xa que dous compañeiros viñeron para darnos unha lección e aclararnos dúbidas sobre un tema que estamos traballando intensamente no noso colexio, as “3 R”, reducir, reutilizar e reciclar.

Desta maneira, todos os alumnos/as do noso centro recibiron información sobre este tema, e sobre as consecuencias que tiña non traballar neste sentido, estas son, un maior gasto dos nosos recursos e una maior cantidade de lixo, que contamina o noso planeta.

Asi que grazas, por resolvernos as dúbidas que tiñamos. Poñerémonos rapidamente a seguir traballando neste tema.

A BIBLIOTECA E AS TRES R sticky icon

Na biblioteca escolar do centro, tamén contamos cun espacio para buscar información sobre o que levamos traballando durante este curso escolar. Así, contamos con distintos libros e un xogo para consultar información sobre o tema das 3 R "reciclaxe, redución e reutilización”.

Animádevos e descubrídeo.

a

LIMPEZA DO PATIO sticky icon

O día 19 de xaneiro os alumnos/as de todo o centro tiveron unha reunión moi importante. Nela, tratouse a limpeza do patio do noso centro escolar, que por desgracia non estaba nas condicións adecuadas.

Nesta reunión informouse de que a partir do luns 23 de xaneiro, no centro escolar vai haber unhas PATRULLAS VERDES, que teñen a función de concienciar os compañeiros para que o patio estea limpo. Forman parte desta PATRULLA todos os nenos/as do centro escolar desde 1º curso a 6º curso.

Despois de explicar todo o relacionado con este tema, os alumnos/as do colexio xunto cos Mestres dedicámonos a limpar o patio, quedou impecable!!!!Só depende de nós que siga así. Co que… ¡ánimo!, consigamos a limpeza no noso centro escolar.

a

NORMAS
CALENDARIO E COMPOÑENTES

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017/2018 sticky icon

Orde pola que se modifica o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato.

  • Enlaces:

Orde

Anexo I

AnexoII

  • A admisión tamén poderá facerse a través dunha aplicación informática:

Enlace

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar