REUTILIZANDO OS ROTULADORES sticky icon

Os alumnos/as de 5 anos e a súa mestra, reutilizaron as cargas dos rotuladores para facer as súas propias obras de arte. Para iso, quitaron as cargas dos rotuladores que xa non servían, metéronnas nunha botella con auga e axitárona. A auga coloreada utilizárona para pintar.

Mirade que obras de arte!!!!

Tamén empregaron a auga coloreada os alumnos de 3º curso de Educación Primaria. Nesta ocasión, os alumnos querían visualizar o sistema de transporte de alimento das plantas e para conseguilo tinguiron caraveis de cor branca; empregaron dous tipos de colorantes, un de orixe natural (alimentario) e outro de orixe artificial, a auga coloreada obtida polos alumnos de infantil.
Os caraveis tinguidos coa auga artificial coloreáronse antes e dun xeito máis intenso, iso si, murcharon tamén de contado (no mesmo día). Pola contra, aínda que a cor que lograron co colorante natural non foi tan intensa, os caraveis luciron sanos case dúas semanas.
Este experimento permitiu aos alumnos tomar conciencia das consecuencias do uso de produtos artificiais para favorecer un crecemento máis rápido dos alimentos de orixe vexetal, e das consecuencias para o noso organismo cando os consumimos.
Tamén reflexionaron acerca do dano que provocan na natureza os vertidos químicos das fábricas, non só para a fauna dos ríos senón tamén para as plantas que absorban a auga contaminada.

FACEMOS O NOSO MATERIAL DE XOGO sticky icon

Seguindo co proxecto das 3 R “Anímate!!! Reduce, recicla e reutiliza”, en Educación Física efectuáronse durante o curso escolar, varios xogos relacionados coa coordinación.

Para iso o alumnado foi protagonista da construcción do seu propio material de xogo con  diversos materiais que se foron reutilizando. Implicándoos así de xeito activo, divertido e aplicado no proxecto antes citado, sendo os protagonistas da mellora do seu aprendizaxe. Os materias usados e os xogos resultantes foron os seguintes:

 

  • Follas de papel para faceravións.
  • Un bote de iogur, un cordón.
  • Cartón e goma para facer raquetas.

Observade, que ben o pasamos!!!!

 

Creando... sticky icon

MANUALIDADE DE PASCUA

Continuando coas actividades da reciclaxe que se está levando a cabo no colexio os alumnos/as de 1º curso, inaguraron a entrada da primavera coa realización dun móvil a partir de material de refugallo.

Para iso, utilizaron restos das bolsas de plástico de entroido e restos de cartolina.

 

Construindo... Xoguetes sticky icon

Un neno do noso colexio, Daniel, tan motivado estaba co proxecto que estamos a levar a cabo, que axudado pola súa familia construíu un fermoso cohete.

Para iso, utilizou, un tubo de papel hixiénico, unha bolsa de plástico, cordón e cartón.

Aí vos quedan as imaxes para que vexades que cohete máis bonito.

Bravo Dani!!!

 

ENQUISA SOBRE AS 3R (RESULTADOS) sticky icon

No noso centro este ano estamos levando a cabo un proxecto sobre as Tres R (Reduce, Reutiliza e Recicla).

Pedimos ás familias a realización desta enquisa para coñecer as necesidades e os coñecementos neste aspecto.

Moitas grazas de antemán pola súa realización.

Preme no enlace:

OS RESULTADOS DA ENQUISA SON OS SEGUINTES:

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar