RESULTADOS DA ENQUISA SOBRE AS 3R sticky icon

ESTES SON OS RESULTADOS DA ENQUISA SOBRE AS TRES R:

 

VISITA A SOGAMA sticky icon

Os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria tivemos a oportunidade de visitar Sogama o día 25 de maio.

Alí, faláronnos e vimos en primeira persoa como funcionaba a xestión do lixo e que pasaba despois de botar a bolsa de lixo o colector.

En Sogama, o que fan é separar o lixo, e só chega o lixo xenérico e os envases lixeiros.

O lixo de envases lixeiros separábano e agrupábano por envases para despois aplastalo e acumulalo en paquetes chamados balas. Estes paquetes Sogama véndeos a outras empresas para que os reciclen.

O lixo xenérico, o que fan con el, é secalo e despois desmenuzalo en anacos pequenos para queimalo e producir electricidade, que despois venden ás empresas.

Alí puidemos comprobar que moitas persoas non separan o lixo xa que vimos os fosos onde os camións e vagóns de trens baleiran as bolsas negras, e puidemos ver: envases, roupa,…

Ademais, puidemos comprobar en primeira persoa as medidas de seguridade que hai que seguir nunha fábrica, se tiñamos claros os conceptos de reducir, reutilizar e reciclar e se sabemos separar os residuos adecuadamente.

 

Enquisa visita SOGAMA (4º, 5º, 6º EP) sticky icon

Co propósito de valorar a satisfacción con respecto á visita ás instalacións de SOGAMA e de avaliar os coñecementos adquiridos, temos á nosa disposición uns cuestionarios on line que pregamos sexan realizados o antes posible. Para elo debemos premer no seguinte enlace:

Valoración da visita

Código de acceso: ELOISACHANTADA

 

Grazas pola colaboración.

Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Chantada sticky icon

 

O 26 de maio, a 1º hora, tivemos a sorte de contar no noso colexio co Concelleiro de Medio Ambiente, Seguridade cidadá e deportes do Concello de Chantada, Don José Castor Novoa Fernández.

Don José Castor veu ao noso colexio para contarnos e falarnos da realidade do Concello de Chantada en canto as 3 R. Nesta entrevista, tamén estiveron presentes os alumnos/as de 5º de Primaria. Recollemos a continuación o contido íntegro da devandita entrevista realizada polos alumnos de 6º de Primaria:

Clic para aumentar

Moitísimas grazas Don José Castor, por darnos información do que acontece o noso redor en relación as 3 R. GRAZAS!!!!!

VOCABULARIO SOBRE A RECICLAXE EN INGLÉS sticky icon

Dende a área de Inglés traballamos vocabulario específico sobre a reciclaxe.
    ☞Miramos un poster que lles explicaba como reciclar.
        Comentamos:
            Que podemos reciclar.
            Que reciclamos na casa.
    ☞Os nenos escoitan e sinalan os cubos de reciclaxe correctos (plástico, metal, vidro, papel).
    ☞Noutro exercicio rodean coa cor correspondente cada obxecto.
        Metal: verde.
        Plástico: marrón.
        Vidro: amarelo.
        Papel: vermello.
    ☞No último exercicio unen o lixo no contenedor correspondente e escriben as palabras en inglés dentro do contenedor.

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar