You are herePublicación das listaxes de axudas (libros, material e fondo)

Publicación das listaxes de axudas (libros, material e fondo)


Xa están publicadas no taboleiro interior de anuncios as listaxes provisionais de solicitudes concedidas e excluídas do Fondo Solidario e as listaxes de vales concedidos para a adquisición de libros de texto e material escolar. (Tamén se poden consultar na aplicación FONDOLIBROS coa Chave365; pola Lei de protección de datos non se poden publicar no exterior nin na web).

A partir do luns, día 6 de xullo, e ata o día 15 do mesmo mes os pais/nais dos alumnos/as poderán pasar a recoller os vales das axudas concedidas en horario de 10:30 a 13:30. Os que non se recollan nese período, entregaranse no mes de setembro.

Os alumnos que cursen 3º ou 4º de E. Primaria no curso 2020/2021 e participen no FONDO SOLIDARIO, despois de consultar as listaxes expostas, deberán pinchar no seguinte enlace para saber os libros que deberán mercar: Enlace

Etiquetas