Este ano animámonos a celebrar o magosto. Pensamos en ir camiñando ata o campo do Sangoñedo, pero o mal tempo obrigounos a retrasar a data prevista e cambiar a ubicación. Finalmente fixémolo no patio do colexio o 3 de novembro.  Despois de dar boa conta das castañas, participamos en seis xogos tradicionais: o pano, aros, zancos, carreira de sacos, o culler (transportando unha castaña) e a xogos de corro (o paniño guante guante e o gato e o rato). Foi unha mañá divertida e moi movida.

Tags: A. C. E.