FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO ESCOLAR 2021-2022

Informamos de que todo o alumnado que presentou solicitude de admisión, no noso centro, para o curso escolar 2021-22, está admitido

 FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: do 20 ao 30 de xuño de 2021.

 

Dentro do prazo establecido deberá presentarse a seguinte documentación, preferiblemente por correo electrónico (ceip.eladia.marino@edu.xunta.es), ou, presencialmente no centro, previa cita (981431848)

Calquera dúbida, consultádenos

 

     Impreso de matrícula.

      Informe médico-sanitario (segundo a lexislación, no informe médico  do alumno deberá constar: que non padece enfermidade infectocontaxiosa, o seu estado inmunitario, se existen ou non deficiencias visuais e auditivas, así como, se procede, as medidas que habería  que tomar no caso do que alumno/a padecese algunha enfermidade ou limitación distinta das reseñadas anteriormente).

      Fotocopia da  Cartilla Sanitaria.

     Tres  fotografías tamaño carné.

      Elección do ensino de Relixión ou Atención Educativa.

      Elección de Lingua (Inglés-Francés).

    Autorización para a publicación de imaxes.

    Cuestionario sobre a lingua materna (so o alumnado de 4º EI, 3 anos)

    Autodeclaración para uso de comedor escolar, se é o caso.

    Elección da parada escolar, se é o caso.

 

No caso do alumnado admitido en 1º e 2º EP, poderán solicitar, tamén, a axuda de FONDOLIBROS para a adquisición de libros de texto e material escolar. Máis información no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipeladiamarino/node/496