Skip to Content

2022-2023

RECOMENDACIÓNS DE ACTIVIDADE FÍSICA, REDUCIÓN DO SEDENTARISMO E TEMPO DE PANTALLA


Como nai/pai podedes axudar aos vosos fillos/as para desenvolver actitudes e comportamentos favorables cara á actividade física. Coñecer as recomendacións é un gran lugar para comezar. Motiva ao neno/a a estar fisicamente activo cada día. As actividades poden variar dende xogos activos informais, ata deportes organizados.

COÑECEMOS OS ALIMENTOS, PERO... ONDE OS MERCAMOS?

O alumnado de Educación Infantil, divertiuse e aprendeu durante varias sesións do Plan de Estimulación da Linguaxe Oral, coñecendo os diversos tipos de alimentos, así como os establecementos onde os podemos mercar.

PIRÁMIDE ALIMENTARIA

 

Que chula nos quedou a nosa SÚPER PIRÁMIDE ALIMENTARIA!!

Base de madeira, un pouco de pintura e... a colocar os alimentos!

 

 

SAÚDE BUCODENTAL

 

CARREIRA SOLIDARIA E XOGOS EN FAMILIA

O pasado 12 de maio celebramos o "DÍA DA FAMILIA" cunha carreira solidaria a favor de UNICEF e unha ximnkana cargada de moita emoción e entretenemento.

 

Podedes comprobalo no seguinte vídeo:

 

https://www.youtube.com/watch?v=4IxjtQl1VuE

OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS XAQUÍN LORENZO

O pasado martes 25 de abril tivemos a oportunidade, por 2º ano consecutivo, de recibir a Lito e a unha alumna en prácticas no noso centro para ensinarnos xogos populares e tradicionais que hoxe en día se perden senón lles ensinamos aos nosos pequenos/as. Ademais, tamén fixemos un instrumento con caña de bambú. 

 

Preme no vídeo para velo:

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=w6dPLV00ks8

SAÍDA ESPIÑO-REQUEIXO-O COIÑEDO

Experiencia chulísima como panadeiros/as en Espiño!! Tamén aproveitamos para coñecer o museo do liño en Requeixo e desfrutar da área recreativa no Coiñedo.

 

 

Preme no enlace:

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=vBYY9K8-Zos

EDUCACIÓN VIAL NO CEIP DE MANZANEDA

Hoxe 17 de abril tivo lugar unha xornada de convivencia entre o CEIP de Manzaneda, CEIP O Bolo e CEIP Eduardo Ávila Bustillo en Manzaneda. Nela desfrutamos dunha sesión de Educación Vial da man dos profesionais de Protección Civil e da Dirección Xeral de Tráfico. Pasámolo en grande e aprendimos moitas normas de seguridade e circulación.

 

 

Premede no enlace:

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=M6QpTeaje0E

PARQUE MULTIAVENTURA OS TRES REINOS

O pasado 27 de marzo fomos ao Parque Multiaventura "Os tres reinos" de A Mezquita no que demostramos as nosas habilidades ximnásticas enriba das árbores. Pasamos unha xornada de actividade física e deporte cargada de emocións e diversión. 

 

Se o queres desfrutar preme no enlace:

Distribuir contido


by Dr. Radut