Skip to Content

Aliméntate ben

TIPOS DE ALIMENTOS

O alumnado do noso centro educativo elaborou uns murais con recortes de diferentes tipos de alimentos que foron clasificados en froitas, verduras, etc.

XEADO CASEIRO

Os nenos/as do CEIP Eduardo Ávila Bustillo elaboraron un delicioso xeado de mango e plátano con iogur natural. Contaron coa axuda na nosa súper cociñeira Toña. Que ricos están os xeados caseiros!

CARNÉS DO BO COMENSAL, ALIMÉNTATE BEN!

CHARLAS CRUZ VERMELLA

O pasado 16 de xuño do 2023 realizáronse obradoiros de Cruz Vermella cos nenos/as de Educación Primaria nos que un dos temas que tratamos foi a "Alimentación" consolidando coñecementos adquiridos ao longo curso 2022-23.

ALIMENTOS NATURAIS E ELABORADOS

Os nosos pequenos de Educación Infantil traballaron coa coordinadora deste programa a diferencia entre alimentos naturais e elaborados. Que fácil e que rápido supemos clasificar!

RECETARIO VIAXEIRO

Que bonito nos quedou o recetario viaxeiro que andivo por todos os fogares dos nosos pequenos/as para ensinarlle receitas e polas en práctica. Todos/as aportaron as súas receitas e grazas a este libro estiveron nas mans dos "super chefs" e as súas familias para elaborar e degustar pratos esquisitos.

Se o queredes comprobar mirade o seguinte enlace:

 

COÑECEMOS OS ALIMENTOS, PERO... ONDE OS MERCAMOS?

O alumnado de Educación Infantil, divertiuse e aprendeu durante varias sesións do Plan de Estimulación da Linguaxe Oral, coñecendo os diversos tipos de alimentos, así como os establecementos onde os podemos mercar.

PIRÁMIDE ALIMENTARIA

 

Que chula nos quedou a nosa SÚPER PIRÁMIDE ALIMENTARIA!!

Base de madeira, un pouco de pintura e... a colocar os alimentos!

 

 

SAÚDE BUCODENTAL

 

Distribuir contido


by Dr. Radut