Skip to Content

MULLERES DEPORTISTAS

 

Os alumnos/as de Educación Primaria explicaron na praza do concello de A Veiga o traballo feito pola conmemoración do 8 M.

 

Prepararon unhas preguntas para convertirse en xornalistas por un día e entrevistar a unha muller deportista.

 

Para iso no seu tempo de lecer e coa axuda das súas familias fixeron as preguntas ás mulleres elixidas da súa contorna. Pedíronlle se podían gravalas e foron realizando a entrevista. Ao rematar fixeron entrega dunha medalla e dun diploma.

 

Usaron o vídeo ou gravación de audio para poder gardar a entrevista e completar as preguntar de maneira escrita.

 

Meteron nun pen drive ou enviaron por correo electrónico os audios ou vídeos elaborados, así como unhas fotos das mulleres deportistas. Con este material convertimos os vídeos en audios e unimos os audios usando unha páxina de internet.

 

Cos audios fixeron un código “QR”. Se colledes os vosos móbiles e o escaneades coa vosa cámara podedes escoitar as entrevistas que fixeron. 

 

Con estas entrevistas deducimos que as mulleres tamén xogan un papel moi importante no deporte.

 

Podes ver os traballiños no seguinte enlace:

Preme nel 

https://www.youtube.com/watch?v=6nuRB1XHvB0



page | by Dr. Radut