Skip to Content

Escolares

Educación Vial - Árbore

 O venres, día 7 de abril, como en cursos anteriores tivemos o día de Eduación Vial. Primeiro tivemos unha pequena charla e vimos uns vídeos dos Bolehcas sobre Seguridade Vial.

Máis tarde fomos ao Pavillón Municipal coas nosa bicis, patinetes, patíns, etc. onde nos tiñan preparado un circuito para practicar todo o que aprendimos e o que xa sabiamos. Pasámolo moi ben!

 

Tamén nos ensinaron os coche oficiais de emerxencias: ambulancia, garda civil, bombeiros....

 

Para ver o resto das fotografías da actividade podedes ir á galería de imaxes.

 

Pola tarde, plantamos unha árbore. A árbore mandouna a Deputación de Ourense para conmemorar a Semana da Auga que se celebrou o mes pasado. Así, collemos un sacho e un caldeiro e puxémonos mans á obra. Tamén tedes o resto de imaxes na galería.

   

Saúde Bucodental

O martes 4 de abril viñeron da Xefatura Territorial de Sanidade a darnos unha charla sobre Saúde Bucodental. Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º aprendimos moitas cousas sobre os nosos dentes así como o seu coidado.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut