Skip to Content

NOVAS

XIII Merenda Intercultural

CAMBIO DE DATA XIII  MERENDA INTERCULTURAL

Por mor da metereoloxía, consultado con Meteogalicía, vémonos na obriga de cambiar a data para o vindeiro martes 11 de xuño de 2019.

 

 

 

O CEIP do Carballal comprácese en convidar a toda a comunidade educativa á XIII Merenda Intercultural.

Este ano mudamos a imaxe da merenda, convertíndose en Romaría no Carballal, que leva por título:

" Marín, de todo un chisquín"

Como ben sabedes, unha romaría é un momento de convivencia entre todas e todos no que, ademáis, poderemos descubrir un pouquiño máis das actividades e proxectos realizados durante o curso, por todo o alumnado.

A Convivencia é un dos piares sobre os que se rixe o noso centro, polo que contamos con todas e todos para desfrutar desta xornada festiva.

Contaremos coa colaboración de diferentes asociacións, entidades, persoeiros, grupos de música e de baile... pero sobre todo, coa ilusión e a satisfación do traballo realizado por toda a rapazada.

Achegamos máis información nos arquivos adxuntos, así coma a información para as familias que desexen colaborar.

Moitas grazas, contamos con todas e todos vós!

AdxuntoTamaño
CARTEL XIII_0.pdf468.09 KB
nota familias.pdf139.95 KB


blog | by Dr. Radut