Skip to Content

NOVAS

De campamento!

QUE BEN O PASAMOS!

Os días 18 e 19 de maio tivo lugar a saída prevista e esperada ao camping Fieitás de O Grove. Os 55 rapaces e rapazas participantes nestas xornadas de convivencia tiveron a oportunidade de disfrutar dun montón de actividades ao aire libre organizadas e dirixidas polos monitores das instalacións. Entre outras destacamos a marcha ata a praia da Lanzada para practicar surf, o rocódromo para realizar escalada, a tirolina e a construción de vivacs ou refuxios no monte... sen esquecernos da oportunidade de pasar a noite cos amigos e amigas sen papá e mamá. Toda unha experiencia para os nosos alumnos e alumnas que o pasaron "de medo"...volvemos o próximo curso?



blog | by Dr. Radut