Skip to Content

Blogues

LETRAS GALEGAS

 

Como xa sabedes, o 17 de Maio é o día das Letras Galegas, e aínda que este ano, dadas as circunstancias que estamos vivindo, se pospuxo a celebración dese día, nós, dende o centro, queremos homenaxear ó autor deste ano con algunha actividade, polo que vos propoñemos o seguinte:

 

Deixamosvos estas ideas para aqueles que queirades coñecer e traballar algo mais sobre Carvalho Calero.

 

 

A través deste enlace poderedes ver unha serie de caricaturas que o debuxante Siro elaborou, seguro que vos da ideas para debuxar a vosa!

 

 

Neste outro enlace tendes información sobre a vida do autor:

 

 

Se o que queredes son Unidades didácticas para traballar sobre o escritor, podedes acudir a estoutro enlace, hai algunhas en galego e outras en portugués:

 

https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0009.html

 

LER MÁIS

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

PRAZO ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

Curso 2020/2021

DO LUNS 11 AO 18 DE MAIO

HORARIO: 11:00 a 13:00.

(solicitar cita previa)

Rógase cumprir coas medidas de seguridade

O ALUMNADO QUE XA ESTABA ASISTINDO AO CENTRO, POLO MOMENTO, NON TEN QUE FACER NINGÚN TRÁMITE.

AXUDAS ÁS FAMILIAS USUARIAS DO COMEDOR ESCOLAR

 

As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

Importe das axudas

       Os que teñen a condición de gratuidade total, teñen dereito a percibir 2,50€

       Os que teñen a obriga de pagar 1€, teñen dereito a percibir 1,50€

       Para o 1º período de libramento correspóndelle 14 días lectivos

 

Beneficiarios das compensacións

As familias con un ou máis fillos/as escolarizados que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.

 

Solicitudes. Lugar e prazo de presentación

 

        Presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través de formulario normalizado dispoñible no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal

       Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído a Chave365

       As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos, poderán solicitar a colaboración do equipo directivo do centro. Para tales casos establecese:

        Identificación do solicitante no número 988 32 30 47 ou correo: ceip.dobolo@edu.xunta.es

       A solicitude será única por cada familia e incluirá á totalidade dos fillos/as

       O prazo será dende o día 31 de marzo ata o 6 de abril, ambos os dous incluídos

 

Comprobación de datos

       Identificación do solicitante DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado

       Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería

       Conta corrente onde realizar o ingreso

       A presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento dos datos persoais

 

Ø  Podedes cubrir o seguinte formulario para presentar en sede electrónica ou no caso de non poder, podedes envialo cuberto ao correo do centro.

 

Ø  As persoas que chamen para que se lles axude, deberán ter á man os datos antes mencionados.

 

O prazo máximo para resolver será de 10 días dende a data finalización do prazo de presentación de solicitudes. O pagamento, logo da resolución nun prazo máximo de 5 días.

 

 

Para ampliar esta información poden consultar pinchando aquí: Orde do 27 de marzo de 2020 (DOGA 30/03/2020).

 

 

 

 

Abala Móbil

Estimadas familias:

Visto que se prolonga o estado de alerta e que a volta á actividade lectiva é incerta, temos a necesidade de poder manter o contacto coas familias e que vós poidades estar en contacto con todos @s Mestr@s d@s vos@s fill@s.

Pedimos entón que descarguedes a aplicación de Abalar Móbil nos vosos móbiles, e a través desta poderemos estar en contacto diariamente, recibiredes toda a información actualizada e poderedes consultar as notas d@s alumn@s.

                   Se tendes algún problema non dubidedes en poñervos en contacto connosco. Si a aplicación vos di que non recoñece ese número, chamádenos para actualizalo.

 

Actividades para que o alumnado continúe co proceso educativo nos seus domicilios

 

-Alumn@s de Educación Infantil

 -Lectoescritura e grafomotricidade:

https://drive.google.com/open?id=17SRlJrXG0LVCzG8GuyyuSnKivzUHObzB

 -Matemáticas:

https://drive.google.com/open?id=1jBWRQZLecNyDfKU-RXbmQI8rvzhxzIJv

 

 -Alumn@s de 1º e 2º de Educación Primaria:

 -Lengua:

-Escritura: https://drive.google.com/open?id=1QlSfbWDNaVcLefPbSK_cvJSBkblL48hy

-Lectura: https://drive.google.com/open?id=1Sy1fGZrjZllu1luQFNXEiZY5JC7pBKlM

-Matemáticas:

https://drive.google.com/open?id=1bGs4b9hgknVtzWWVw2R56gdt7vxZj4to

-Ciencias da Natureza:

https://drive.google.com/open?id=1-7F0rhtsr5OMmSfN5iC-xxbZra7oDljB

-Ciencias Sociais:

https://drive.google.com/open?id=1m-_m3iXlXQITJjcrGmLlKlcwkFZKAjTk

-Material de reforzo 1º:

        https://drive.google.com/open?id=13uISjQ-wQLXH6CATN0QVPrAuOh92Vooa

-Material de reforzo 2º:

     https://drive.google.com/open?id=1lCptYaZ8BqKCfXh60Y_LL2NW0eBrPuRR

 -Alumn@s de 4º de Educación Primaria:

 -Lengua:

https://drive.google.com/open?id=1Z4UyLJA_JrMW0u6m5yal0dImssxwL1Ny

-Matemáticas:

https://drive.google.com/open?id=1-1TQXQHCgLefggow1iYEfufczijNvD8l

-Ciencias:

Na materia de ciencias farémoslles chegar aos rapaces as distintas actividades e contidos necesarios para seguir co traballo proposto de forma telemática.

-Material de reforzo 4º:

https://drive.google.com/open?id=110uIPw_-JpBfk02PNxRIELdExfuA2pWV

 

 -Alumn@s de 5º/6º  de Educación Primaria.

Usaremos as ferramentas propostas por Edixgal para facer chegar as actividades, traballos e titorizacións de cada materia.

-Material de reforzo 5º:

https://drive.google.com/open?id=13wUXTC-gkjNGf0a5GTTLJIzVHCtGoWX6

-Material de reforzo 6º:

 https://drive.google.com/open?id=1_0EC08pPihhSN_K6zI6CiOK4lLjv1n7-

 

 

 

Cesamento das actividades docentes presencias

 

Queridas familias,

Como sabedes, a Comunidade Autónoma de Galicia ordenou o cesamento de toda actividade docente presencial desde o luns día 16 de marzo, como medida preventiva ante a pandemia do coronavirus. En principio esta medida terá unha duración de 14 días.

Pola nosa banda, queremos que  @s  alumn@s poidan continuar coa súa tarefa e recibir atención persoal, evitando no posible que esta situación afecte o seu rendemento académico.

Os profesores e profesoras do centro estamos a elaborar as estratexias para

- achegar todos os materiais necesarios para seguir co ritmo de estudo.

- ter unha comunicación próxima coa que liquidar calquera dúbida que poida xurdir n@s  alumn@s.  

Para calquera consulta podedes escribir a ceip.dobolo@edu.xunta.es ou chamar ao teléfono do colexio: 988 32 30 47

Desexamos que esta situación imprevista xenere os menos inconvenientes posibles. Manterémosvos informados das novidades que se poidan producir.

Todos os profesores quedamos á vosa disposición.

Recibide un cordial saúdo.

 

Calendario Comedor Outubro 2019

REVISTA CHOUPÍN 2019

Aquí vai o último número da revista do cole. Picade no enlace para ver o pdf!

MENÚ DE MARZO

ENTROIDO 2019

Así foi o entroido do CEIP O Bolo...

Distribuir contido


by Dr. Radut