Skip to Content

Educación Física

CONTINUAMOS...

GRUPOS INTERACTIVOS EN PSICOMOTRICIDADE INFANTIL

Unha vez máis a experiencia superou as expectativas!

Gracias familias pola vosa participación e esperamos que repitades!

 

III XORNADA DEPORTE ESCOLAR

O martes 26 de marzo, o alumnado de 5º de Educación Primaria viaxou ata Noalla para disfrutar dunha xornada matinal deportiva e de convivencia co alumnado do CEIP Telleiro. 

 

 

 

II XORNADA DEPORTE ESCOLAR 2019

O pasado mes de febreiro o alumnado de 6º de EP pasou unha mañá deportiva e de convivencia no CEIP Portonovo. Aquí deixamos unha pequena lembranza en imaxes.

 

 

COMEZAMOS COA PATINAXE ARTÍSTICA

COMEZAMOS... e non o facemos tan mal!!

 

 

I XORNADA DEPORTE NA ESCOLA 2019

Continuamos coas nosas xornadas de deporte escolar.

Nesta ocasión, o martes 22 de xaneiro de 2019, tocounos organizar no noso centro a xornada multideporte, na que nos visitaron os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria do CEIP A Florida (Sanxenxo).

Do noso centro tamén participamos oalumnado de 5º EP.

 

CAMPO A TRAVÉS - AZUCAREIRA 2018

O pasado mes de novembro, comezamos un ano máis, a nosa andanza no deporte escolar participando nunha carreira de campo a través. Esforzámonos, divertímonos e ademáis, ese día, mollámonos moito...

 

 

MOSTRA DE PSICOMOTRICIDADE XANEIRO 2019

Dende a área de Educación Física seguimos apostando pola educación integral do alumnado dándolle ao movemento a súa merecida importancia.

CAMIÑANDO POLA SAÚDE

Ao longo deste último trimestre, e dende a área de Educación Física en colaboración co traballo nos Contextos de Aprendizaxe, traballamos o Sendeirismo con múltiples obxectivos.

Dentro destes o máis destacado é “mellorar o benestar físico, psíquico e social” practicando exercicio físico nun entorno natural como o que nos presta a contorna do colexio. Este obxectivo está enmarcado dentro da PDI (Proxecto Documental Integrado) do centro que este curso xira entorno á “MELLORA DA CALIDADE DE VIDA”.

Para todo isto tivemos un gran reto final que foi facer un tramo da Ruta Xacobea Portuguesa, coñecida como “Variante espiritual” e que transcorre dende a Armenteira ata Vilanova de Arousa, pasando pola parroquia onde está ubicado o noso centro. Dita ruta ten un percorrido de 22´7km.

Sen dúbida un gran reto de superación persoal para o que semana a semana nos estivemos preparando:

  • Aprendendo a coidar o noso corpo e mente.
  • Aprendendo a traballar cos demais e a ser bos compañeiros de equipo.
  • Aprendendo a soportar fracasos cando non se chega ao obxectivo.
  • Aprendendo que todo require dun esforzo.
  • Aprendendo que para lograr un obxectivo hai moitas horas de traballo previo.
  • Que os éxitos non se conseguen da noite para a mañá.
  • Que facendo deporte fórxanse profundas amizades.
  • Aprendendo que hai alternativas divertidas ás “pantallas”.
  • Aprendendo que o deporte e a actividade física é moito máis que o coidado do corpo: responsabilidade, humildade, entrega, amizade, convivencia, superación persoal, resiliencia, disciplina,… e un sin fin de valores máis.

A continuación deixamos unha presentación que reflexa a nosa experiencia en imaxes 360º (premer nas frechas para avanzar na ruta):

 

XXV CARREIRA ESCOLAR DO SALNÉS

E aquí mostramos unha xornada máis de actividade física e deporte. Nesta ocasión o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria desplazouse ata Portonovo para participar nunha carreira.

Distribuir contido


by Dr. Radut