Skip to Content

Expresión Musical

SÉS

       Da man de Jose coñecemos a Sés, un grupo que está soando moi forte hoxe en día no panorama musical galego e co que, de seguro, non poderás permanecer indiferente ao escoitalo.

SÉS from vinhagrandemusica

OS VACALOURAS

       Presentamos outro grupo de música galega actual. Chámanse Os Vacalouras e coñecémolo grazas a Eloy. Con este grupo puidemos descubrir o Pataca'n Roll. Anímaste?

OS VACALOURAS from vinhagrandemusica

CANTO DE BERCE

        Os cantos de berce ou arrolos son cancións de ritmo suave e relaxante empregadas para facer durmir aos nenos. Cheas de cariño e tenrura, supoñían o primeiro contacto coa música tradicional e co sentido do ritmo. 

     Os nenos de 1º cantan e acompañan esta cantiga de berce.

CANTOS DE OFICIOS

       Os canteiros traballaban arrancando pedras dos montes que despois tiñan que carrexar ata o lugar onde as tallaban, xa que non había guindastres nin camións. Para iso, botábanas a rodar polo monte e empuxábanas entre unha morea de persoas. Para xuntar forzas e sincronizar os empurróns, cantaban cancións e axustaban os pasos ao seu ritmo.

       Os nenos de 5 anos cantaron unha destas cantigas de canteiros, que despois serviu para un xogo rítmico con pedras.

HEREDEIROS DA CRUS

       Ismael compartiu con nós unha canción deste coñecido grupo de rock galego, HEREDEIROS DA CRUS, que tamén soou moi forte no Xabarín Club. Escóitaa e non pares de moverte co seu ritmo! 

O CAIMÁN DO RÍO TEA

       Os alumnos de 6º curso están a investigar sobre a música que se compón na actualidade en galego, buscando grupos de distintos estilos e seleccionando a canción preferida dos seus discos.

       Ana descubriunos este grupo, O CAIMÁN DO RÍO TEA, un grupo que fixo as delicias dos máis cativos no Xabarín Club fai uns aniños.

       Aquí vos deixamos a súa presentación co enlace á canción escollida por Ana. 

O GATO

       Para este último trimestre o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxonos outras dúas cantigas tradicionais para interpretar todos xuntos: O gato e Na beira do mar.

       Aquí temos unha versión do grupo A Roda para a canción de O gato. 

MÁIS MÚSICOS NA CLASE

     Nas clases de música de 1º e 5º tivemos a oportunidade de escoitar e aprender moitas cousas sobre o órgano eléctrico, grazas a Xoán e Antía (1º) e a Eloy (5º) que nos trouxeron os seus instrumentos para compartir con todos un agradable e interesante momento musical. Moitas grazas aos tres!

UN MÚSICO NA CLASE DE 1º

       O pasado venres Tomás tróuxonos unha boa sorpresa á clase: o seu tambor. Contounos moitas cousas sobre este instrumento e, por suposto, amosounos a as súas dotes como tamborileiro. Moitas grazas Tomás! 

SANTA MARÍA STRELA DO DÍA

       En 6º de Educación Primaria estamos a traballar esta cantiga trobadoresca de Alfonso X O Sabio.


 

                     ALFONSO X

                              "O SABIO"

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut